La Renovación foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1921 e 1922.

Historia e características Subtitulado Semanario social católico, apareceu o 3 de febreiro de 1921.La Integridad, 4-2-1921, p. 2. Órgano da Juventud Antoniana de Santiago. O seu redactor xefe era Tomás Pedret Casado, e entre os seus colaboradores figuraron Paulino Pedret Casado, Juan José Barcia Goyanes, Emilio Villelga Rodríguez e José de la Fuente.El Compostelano, 14-2-1921, p. 2. O último número conservado é o 53, que corresponde ao 2/16 de febreiro de 1922, pero aínda se publicaba en outubro de 1922.El Compostelano, 4-11-1922, p. 2

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1921 en Galicia