Agripa ou Agripa Silvio (en latín Agrippa ou Agrippa Silvius) é un rei mítico de Alba Longa, citado por Tito Livio.
Era fillo de Tiberino Silvio, rei que deu nome ao río Tíber, e ao que, segundo Tito Livio, sucedeu tras a súa morte (-916). Despois dun reinado de 41 anos, foi sucedido polo seu fillo, chamado Rómulo Silvio, segundo Livio, ou Aladio, segundo Dionisio de Halicarnaso.
Véxase tamén Bibliografía Tito Livio, Historia de Roma desde a súa fundación.
Outros artigos Reis latinos.
Categoría:Reis de Alba Longa