O pexego chato, pexego paraguaio ou simplemente paraguaio Sinónimos en Guía da alimentación, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995; Diciopedia do Século 21, Ed. do Castro - Ed. do Cumio - Ed. Galaxia, 2007 (Prunus persica</span> var. platycarpa) é o froito dunha variedade procedente dunha mutación do pexegueiro (xénero Prunus), cunha froita semellante ao pexego pero con forma chata, pel aveludada de cor verde amarelada e carne branda e doce, adherida á carabuñaPorposta de definición neolóxica difundida por Termigal.
O paraguaio é o resultado dunha mutación orixinada na China, sendo introducido nos Estados Unidos en 1869. Cultívase principalmente en rexións tépedas e ten unhas esixencias de solo e cultivo similares ao do pexegueiro e mais a nectarina.
Do pexego chato existen diferentes variedades: de polpa branca con ou sen veas averdadas ou avermelladas, de polpa amarela, total ou parcialmente desprendida da carabuña.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pexego
Ligazóns externas Pexego chato en Infojardín.com
Categoría:Prunus Categoría:Froitas