José Ramón Beloki Guerra, nado en Legazpi, Guipúscoa, o 13 de xaneiro de 1947, é un xornalista e político nacionalista vasco.
Entre 2004 e 2011 foi membro do Congreso dos Deputados en representación do Partido Nacionalista Vasco, ocupando durante a IX Lexislatura (2008-11) o cargo de secretario segundo do Congreso.
Biografía José Ramón Beloki naceu en 1947 na localidade de Legazpia en Guipúscoa. Na súa mocidade cursou estudos primarios e de bacharelato en diversos colexios dos franciscanos (Aránzazu, Forúa, Zarauz, Olite). Posteriormente cursou 3 anos de Filosofía e 2 de Teoloxía cos franciscanos, aínda que non tomou finalmente a carreira sacerdotal. Completou a súa formación estudando Ciencias Empresariais na Universidade de Deusto durante 3 anos, aínda que abandonou esta carreira sen chegar a licenciarse. Durante o franquismo militou no sindicato clandestino nacionalista ELA-MSE. No plano persoal está casado e ten dúas fillas.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados José Ramón Beloki en Euskomedia
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Políticos do PNV Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Nados en Legazpi