Begoña Errazti Esnal, nada o 22 de agosto de 1957 en Barakaldo (Biscaia, País Vasco) é unha política vasca residente en Navarra.
Biografía
Traxectoria profesional Begoña Errazti é licenciada en Xeografía e Historia Contemporánea. Cursou tamén un máster en xestión empresarial.
Foi directora da Escola-Taller Río Arga, proxecto europeo para a formación de mozas no tratamento de ríos e ribeiras, con varias especialidades; profesora en ensino medio de historia e éuscaro; e profesora de éuscaro en cursos da Universidade de Deusto e outros. Tamén foi xerente da federación de ikastolas navarras.
Traxectoria política Errazti caracterízase, segundo os seus simpatizantes, pola súa defensa dos dereitos do éuscaro combinando as súas ideas independentistas e progresistas.
Durante as lexislaturas 1995-1999 e 1999-2003 foi a portavoz do grupo parlamentario de Eusko Alkartasuna (EA) no Parlamento de Navarra. Tras as eleccións forais de 2003, a pesar de ser a cabeza de lista cedeu a portavocía ao seu compañeiro de partido e actual presidente de EA en Navarra, Maiorga Ramírez.
Formou parte da executiva nacional de EA desde 1995 até 2007 ocupando desde 1999 a presidencia do partido.
Tras o achegamento de EA á esquerda abertzale e a súa inclusión na coalición Euskal Herria Bildu, deixou a súa militancia en EA para achegarse ao Partido Nacionalista Vasco, asistindo a actos públicos do mesmo en apoio á candidatura a lehendakari de Iñigo Urkullu.
Errazti foi a segunda muller líder dun partido político con representación parlamentaria no Congreso dos Deputados, tras Dolores Ibarruri, tamén política vasca.
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Barakaldo Categoría:Políticos de Eusko Alkartasuna Categoría:Políticos de Navarra Categoría:Políticos do País Vasco