Evaristo González Fernández, coñecido como Evaristo de Sela, nado na Granxa (Sela, Arbo) o 2 de marzo de 1917 e finado en Vigo o 28 de xuño de 1994, foi un catedrático de grego, poeta e tradutor galego

Traxectoria De pai reloxeiro e nai labrega, foi o cuarto e derradeiro fillo do matrimonio. Aos doce anos conseguiu unha bolsa para estudar no Seminario de Tui onde estivo catro anos. Despois pasou dous anos cos Xesuítas de Marquain (Tournai, Bélxica) e antes de facer os votos dubidou e regresou á súa aldea en 1935. Ao ano seguinte alistouse como voluntario no Rexemento de Artillaría Lixeira nº 15 de Pontevedra.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e espantado pola represión dos franquistas, desertou xunto co soldado Manuel Rincón Álvarez e o cabo Manuel Quinteiro Segade. Colleron un tren, baixaron nas Neves e atravesaron o río Miño. Foron capturados pola policía portuguesa e entregado á Garda Civil en Salvaterra de Miño. Xulgados por deserción en consello de guerra o 19 de setembro de 1936,El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 7. Evaristo e Manuel Rincón foron condenados a cadea perpetua e Manuel Quinteiro, considerado o indutor, a pena de morte.El Diario de Pontevedra, 21-9-1936, p. 2. Estivo preso en Caldas de Reis e na illa de San Simón. Ingresou na prisión do Forte de San Cristovo de Pamplona o 11 de outubro de 1937, de onde saíu en prisión atenuada o 1 de xuño de 1941. Despois enviárono ao Campo de concentración de Miranda de Ebro e de alí pasou ao Batallón Disciplinario de Soldados Traballadores número 91 en Fuerteventura, de onde saíu en liberdade condicional o 23 de xullo de 1942.Cabe sinalar que xusto tras a morte de Francisco Franco, Sela escribiu unha catártica execratio contra el: «Asesino de auroras, / frío Herodes de España / sanguinario profeta», como sinala o académico Alonso Montero.

Autodidacta, licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor no ensino medio.Homenaxe a Evaristo de Sela , no blog da editorial Galaxia o 28 de novembro de 2011. Finou en Vigo o 28 de xuño de 1994.La Voz de Galicia, 30-6-1994, p. 64

Tradución

É autor das tradución ao galego dende a lingua orixinal dos clásicos a Ilíada e a Odisea,Crónica da homenaxe a Evaristo de Sela editadas polo Consello da Cultura Galega en 1990 e distribuídas pola Editorial Galaxia como parte da colección "Clásicos Greco-Latinos".

Tamén verteu obras de autores contemporáneos como Kavafis, Giorgos Seferis ou Odiseas Elytis (Poesía Neohelénica, 1708-1977. Xunta de Galicia, 2001).

Obra poética Amar (Vigo, 1945) Versos de preso e outras rimas (Ediciós do Castro, 2007 - publicación póstuma)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

, Xosé e , Stella Maris (coord.) (2019). Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994). Estudos e lembranzas sobre a vida e a obra do helenista e poeta. Xerais.

Ligazóns externas

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Tradutores do grego

Categoría:Tradutores ao galego

Categoría:Escritores de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Arbo Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes