Ambrosio Garbisu y Pérez, nado en Bilbao en 1877 e finado en Baiona (Francia) o 4 de febreiro de 1965, foi un político vasco republicano. Traxectoria Membro de Izquierda Republicana, liderou a formación azañista en Biscaia durante boa parte da Segunda República. Foi elixido concelleiro do concello de Bilbao, ocupando a primeira tenencia de alcaldía. Foi detido nos sucesos de setembro de 1934, cando ía camiño da Asemblea de Zumárraga que presidiu Indalecio Prieto. En 1936 foi elixido como compromisario para a elección do presidente da República pola circunscrición da cidade de Bilbao. Durante a Guerra Civil foi Comisario de Abastos de Biscaia en representación do Goberno de Euskadi. Exiliado en Francia, foi nomeado conselleiro sen carteira do Goberno Vasco no exilio desde 1952 até o seu falecemento, baixo a presidencia de José Antonio Aguirre e Jesús María de Leizaola.
Notas
Categoría:Nados en 1877 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Finados en 1965 Categoría:Personalidades da guerra civil española Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Personalidades sen imaxes