Xosé Bernárdez Boluja, nado en Santiago de Compostela o 1 de outubro de 1935 e finado en Morga (Biscaia) o 12 de marzo de 2018, foi un ciclista galego.

Traxectoria Desenvolveu a súa carreira profesional entre os anos 1958 e 1968 e foi en Biscaia onde estableceu a base competitiva. Os seus principais éxitos foron as vitorias no Gran Premio de Llodio e no Campionato de España de fondo en estrada para independentes, e máis o Subcampionato de España de Montaña en Ruta, tódalas vitorias no ano 1961. Porén a súa actuación máis memorable produciuse no Campionato do Mundo de ciclismo dese ano, cando chegou á meta no primeiro grupo de 14 corredores, onde se atopaban tódolos ases mundiais do momento e no sprint final obtivo o 4º posto, só superado por Rik Van Looy, Nino Defilippis e Raymond Poulidor.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Peña Bernárdez

Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1935 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2018