La Coma i la Pedra é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña, pertencente á comarca do Solsonès. Esténdese pola zona norte do val de Lord, na cabeceira do río Cardener.

Tiña en 2014 unha poboación de 269 habitantes repartidos en 3 entidades de poboación: La Coma (capital do concello), La Pedra e El Port del Comte.

A principal actividade económica do concello é o turismo. Nel atópase a estación de esquí Port del Comte.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello

Coma