Callús é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Bages. Atópase no noroeste da chaira do Bages, á esquerda do val do río Cardener.
Tiña en 2014 unha poboación de 1.985 habitantes agrupados en 6 entidades de poboación: Antius, Callús, Can Cavaller, El Cortès, Els Manxons e Viladelleva. A maioría da poboación concéntrase na capital, Callús.
Destacan a igrexa románica de Sant Sadurní e o castelo Gotmar.
Demografía Conta cunha poboación de 2099 habitantes (INE 2023).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Barcelona