Juan José Pujana Arza, nado en Bilbao o 13 de xaneiro de 1943 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 2022, foi un político do País Vasco, que foi Presidente do Parlamento Vasco na súa primeira e segunda lexislatura tras a transición política (1980-1987). Foi candidato a alcalde polo PNV no municipio de Elorrio nas eleccións de 2011.

Biografía Licenciado en Dereito, membro primeiro do Partido Nacionalista Vasco e, máis tarde, un dos fundadores de Eusko Alkartasuna, foi Conselleiro de Ordenación Territorial, Urbanismo e Medio Ambiente do Consello Xeral Vasco durante o período preautonómico (1978-1980) en substitución de Juan Ajuriaguerra e sendo Lehendakari Ramón Rubial. Foi elixido deputado ó Parlamento Vasco nas tres primeiras lexislaturas (1980-1990), e Presidente do mesmo até 1987. Na terceira e cuarta lexislatura de España foi designado senador pola comunidade autónoma do País Vasco (1987-1991).

Dende que abandonou a actividade política institucional foi coordinador xeneral de Musikene, o Centro Superior de Música do País Vasco, tradutor de obras clásicas ó éuscaro e membro da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado. Ficha no Parlamento Vasco. Quen é quen, Musikene Juan José Pujana substitúe a Juan Ajuriaguerra no Consello Vasco, El País, 2 de setembro de 1978.

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Políticos de Eusko Alkartasuna Categoría:Políticos do PNV Categoría:Políticos do País Vasco