Francisco Javier Cuesta Ramos, coñecido como Frank Cuesta, nado en León o 16 de outubro de 1971, é un adestrador de tenis, presentador de televisión e explorador español que actualmente vive en Bangkok, Tailandia. Traxectoria
Acadou a fama entre 2010 e 2013 cando presentou o programa Frank de la jungla, que se emitiu en Cuatro e Energy (ambos propiedade de Mediaset España), e que recibiu un Premio Ondas o 8 de novembro de 2011. Tamén presentou La selva en casa, que de igual xeito se emitiu en Cuatro e entre 2013 e 2014 presentou o programa Natural Frank. En marzo de 2014 comezou a súa traxectoria na canle Discovery MAX, presentando o programa Wild Frank.
Programas de televisión Frank de la jungla (Cuatro) (2010–2013) La selva en casa (Cuatro) (2011–2012) Natural Frank (Cuatro) (2013–2014) Wild Frank (Discovery MAX) (2014–presente)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Wild Frank en DMAX
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en León Categoría:Presentadores de televisión de Castela e León Categoría:Adestradores de tenis