A dos astacoideos (Astacoidea) é unha superfamilia de crustáceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos astacideos que foi descrita en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille na súa obra en tres volumes Histoire naturelle, générale et particulière des Crustacés et des Insectes. Ouvrage faisant suite à l'histoire naturelle générale et particulière, composée par Leclerc de Buffon, et rédigée par C. S. Sonnini, membre de plusieurs Sociétés savantes.Astacidea no WoRMS.
Características As principais características dos astacoideos son: Son crustáceos de auga doce que, xunto cos seus moi próximos parentes, os membros da superfamilia dos parastacoideos, conforman o grupo dos chamados cangrexos de río que, a pesar do seu nome, se asemellan máis ben a pequenos lumbigantes, cos que ambos os grupos están relacionados. Respiran a través de branquias plumosas, e viven en masas de auga que non se conxelan até o fondo; algunhas especies encóntranse en pequenos ríos, arroios e regatos, mentres que outras prosperan en encoros, canles de rega e arrozais. Aliméntanse de plantas e animais vivos e mortos. A maioría destes cangrexos non poden tolerar as augas contaminadas, aínda que algunhas especies, como a invasora Procambarus clarkii, son máis resistentes.
Clasificación miniatura|250px|Astacus astacus (astácidos). miniatura|250px|Procambarus clarkii (cambáridos).
Clasificación segundo o ITIS O ITIS admite só dúas familias dentro da superfamilia:Astacoidea Latreille, 1802 no ITIS.
Astacoidea Latreille, 1802 Familia Astacidae Latreille, 1802 Familia Cambaridae Hobbs, 1942
Clasificación segundo o WoRMS Porén, o WoRMS, inclúe unha máis:Astacoidea Latreille, 1802 no WoRMS.
Astacoidea Latreille, 1802 Familia Astacidae Latreille, 1802 Familia Cambaridae Hobbs, 1942 Familia Parastacidae Huxley, 1879
Esta última, a dos parastácidos, constitúe para algúns autores e bases de datos (como o ITIS), unha superfamilia á parte, a dos Parastacoidea Huxley, 1879.Parastacoidea Huxley, 1879 no ITIS.
Ademais, o WoRMS iclúe tamén a familia fósil dos Cricoidoscelosidae Taylor, Schram & Shen, 1999 †
Notas
Véxase tamén
Bibliografía De Grave, Sammy; N. Dean Pentcheff & Shane T. Ahyong (2009): A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans . Gilbertson, Lance (1999): Zoology Lab Manual. 4ª ed. Nova York: McGraw Hill Companies. ISBN 0-07-237716-X. Huxley, Thomas Henry (1880): The Crayfish: an Introduction to the Study of Zoology. Nova York:D. Appleton & Co. Johnson, Sterling K. & Nathan K. Johnson (2008): Texas Crawdads . Texas. College Station. ISBN 978-0-9801103-0-2. Martin, J. W. & G. E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea. Walls, Jerry G. (2009): Crawfishes of Louisiana''. Baton Rouge: Florida State University Press. ISBN 978-0-8071-3409-2.
Outros artigos Decápodos Pleociemados Astacideos
Ligazóns externas Astacoidea Latreille 1802 en Fossilworks. Astacoidea Latreille, 1802 no WoRMS. (Lista das familias) Astacoidea Latreille, 1802 no ITIS. Astacoidea na ADW. Astacoidea na EOL.
Categoría:Astacideos