Eva Vilaverde Pego, nada en Moraña en 1977, é unha política galega do BNG.
Traxectoria Licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración Pública, coa especialidade en Administración Pública, pola Universidade de Santiago de Compostela (2001). Traballou como asistente técnica da Consellería do Medio Rural. Desde 2006 exerceu como administrativa na CIG e impartiu cursos de formación do FORGA. É responsable local do BNG en Moraña. Foi membro da Executiva do BNG até 2016 e dende 2017 forma parte de novo da Executiva, como Coordinadora de Acción Municipal. Dende 2011 a 2019 foi concelleira do BNG en Moraña e deputada provincial.
No ano 2019 abandona o concello de Moraña e a deputación provincial e preséntase como número 3 polo BNG ás Eleccións municipais do 2019 no concello de Pontevedra nas que sae elixida.
Na actualidade exerce o cargo de concelleira delegada de Protección Cidadá e Sostemento dos Espazos Públicos Urbanos.
Obra
"Castelao, fonte inesgotable", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Currículo na Deputación de Pontevedra
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros de Moraña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Moraña Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes