José María Rodríguez Madoz, máis coñecido como Chema Madoz, nado en Madrid en 1958, é un fotógrafo español. Realizou numerosas exposicións individuais, tanto en España como no estranxeiro, e destacan os seus traballos surrealistas en branco e negro. A súa obra recolle imaxes extraídas de hábiles xogos de imaxinación, nos que perspectivas e texturas tecen as súas imaxes. Foi recoñecido no ano 2000 co Premio Nacional de Fotografía.
Premios 1991: Premio Kodak 2000: Premio Nacional de Fotografía de España 2000: Premio Higasikawa Overseas Photographer do Higasikawa PhotoFestival (Xapón) 2000: Premio PhotoEspaña 2014: Premio de Fotografía Piedad Isla
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Web oficial de Madoz Entrevista en PhotoEspaña
Categoría:Fotógrafos de España Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Madrid