miniatura|250px|Vista anterior dun tórax humano. A pleura, en azul, e os pulmóns, en violeta.
A pleura, en anatomía, é cada unha das dúas membranas serosas (dereita e esquerda), de orixe mesodérmica, que recobren ambos os pulmóns, o mediastino, o diafragma e a parte interna da caixa torácica.pleura no dicionario da RAG.
O adxectivo relacionado coa pleura é pleural.pleural no dicionariuo da RAG.
As pleuras A pleura parietal é a parte externa da pleura, en contacto coa caixa torácica, o mediastino e a cara superior do diafragma. A pleura cervical é a porción superior da pleura parietal, que asoma na raíz do colo. A pleura mediastínica é a porción seguinte da pleura parietal, que cobre o lado do pulmón correspondente ao mediastino. A pleura pericárdica é a parte da pleura mediastínica que cobre ou se fusiona co pericardio. A pleura visceral é a parte interna da pleura, que está en contacto cos pulmóns.
Cavidade pleural e líquido pleural Ambas as pleuras únense a nivel do hilo formando unha cavidade virtual, a cavidade pleural, que contén normalmente unha pequena cantidade de serosidade, denominada líquido pleural. O volume normal de líquido pleural contido nesta cavidade é de 0,1 a 0,2 ml/kg de peso corporal. Este líquido facilita os movementos de escorregamento indispensábeis para a respiración.
Composición e pH normal do líquido pleural Volume 0,17 ± 0,162 ml/kg Células Mesoteliais Macrófagos Linfocitos C4/C8 1 000-5 000 0-2 % 64-80 % 18-36 % 0,5-1 % Proteínas 1-2 g/dl LDH <50 % do valor do plasma pH 7,37-7,45
O movemento do líquido entre as follas parietal e visceral está determinado pola ecuación de Starling do transporte de líquidos e pola drenaxe linfática, o que permite a entrada e a saída de líquido e proteínas en forma balanceada para manter un volume e unha concentración constante de proteínas.
Principais enfermidades da pleura
Pneumotórax: presenza de aire na cavidade pleural. Derramamento pleural: presenza de líquidos na cavidade pleural. Empiema pleural: presenza de pus na cavidade pleural. Hemotórax: presenza de sangue na cavidade pleural. Hemopneumotórax: presenza de sangue e aire na cavidade pleural. Quilotórax: presenza de líquido linfático na cavidade pleural.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Aparato respiratorio Pneumoloxía Pleurite
Ligazóns externas Patoloxía pleural en Uninet . The Pleura en The Anatomy Lesson, por Wesley Norman (Georgetown University) . parietal pleura en GPnotebook .
Categoría:Aparato respiratorio