María San Gil Noain, nada en Donostia o 15 de xaneiro de 1965, é unha política española que desenvolveu o seu labor no País Vasco. Extenenta de alcalde do concello de Donostia (1999-2002) e ex deputada no Parlamento Vasco. Foi residenta do Partido Popular do País Vasco, e desempeñou cargos de relevancia dentro da estrutura interna do Partido Popular. Está casada e ten dous fillos.

Inicios Realizou o bacharelato no "Colexio Francés" desta cidade. Cursou estudos superiores en Salamanca, onde se licenciou na especialidade de Filoloxía Bíblica Trilingüe (linguas hebrea, latina e grega) na facultade do mesmo nome da Universidade Pontificia, onde impartía clase Carlos Carrete Parrondo.

Actividade política Entre os anos 1991 e 1992 traballou como secretaria do Grupo Popular no Concello de Donostia. Posteriormente pasou a colaborar co Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro Delegado de Urbanismo de San Sebastián, Gregorio Ordóñez, en calidade de asesora.

O 23 de xaneiro de 1995, cando comía con ela nun restaurante da cidade, Gregorio Ordóñez foi asasinado dun tiro na testa pola organización terrorista ETA, sendo condenado o membro de ETA, Francisco Javier García Gaztelu, alias "Txapote", a 30 anos de prisión.San Gil presta declaración en el juicio por el asesinato de Ordóñez."El etarra 'Txapote', condenado a 30 años por el asesinato de Gregorio Ordóñez": "como autor de un delito de asesinato terrorista con alevosía, en concurso ideal con otro de atentado con premeditación. Este feito produciu un cambio radical na dirección da súa carreira política, pasando á primeira fila da actividade política.

Durante a lexislatura 1995-1999 pasou a formar parte, como concelleira, do Grupo Popular do Concello donostiarra. Ó longo da seguinte, até marzo de 2002, desempeñou os cargos de concelleira delegada de Desenvolvemento Económico, Emprego e Comercio e de tenenta de alcalde.

Tras o Congreso celebrado o 24 de xuño de 2000, foi nomeada Presidenta do Partido Popular de Guipúscoa. No 2003, converteuse en voceira do Grupo Popular no mesmo Consistorio. En xullo de 2004, por ser candidata a lehendakari polo Partido Popular do País Vasco, renunciou á súa acta de concelleira e simultaneamente abandonou a presidencia provincial desta formación.

Vicesecretaria do Partido Popular do País Vasco, en 2004, tras o XI Congreso Rexional, celebrado os días 5 e 6 de novembro, foi nomeada Presidenta do mesmo partido. Desde o XIII Congreso, (xaneiro de 1999), forma parte tamén do Comité Executivo Nacional.

Nas eleccións autonómicas do País Vasco en 2005, foi cabeza de lista pola provincia de Guipúscoa e realizou campaña como candidata a lehendakari. Tras estes comicios o PP perdeu a segunda praza tanto en número de votos como en escanos e converteuse en terceira forza política vasca, tras o Partido Nacionalista Vasco e o Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra). Tras estes comicios ocupou o cargo que antes ocupara Jaime Mayor Oreja como Presidenta do PP do País Vasco.Web oficial do Partido Popular do País Vasco

O 18 de abril de 2007, ó serlle diagnosticado un cancro de mama, apartouse temporalmente da actividade política; porén, o 2 de agosto do mesmo ano anunciou o seu regreso, asegurando que a súa enfermidade, trala intervención cirúrxica e o postoperatorio consecuente, tiña "un magnífico prognóstico, de recuperación do 100 %".El País: María San Gil regresa a la política tras superar un cáncer de mamaEl Correo Digital: San Gil supera un cáncer de mama "Vuelvo completamente recuperada y con más fuerza" La presidenta del PP vasco ha agradecido las muestras de apoyo que ha recibido, entre ellas las de Ibarretxe e Imaz, quienes "estuvieron muy cariñosos"

Ideoloxía Defínese como "filla adoptada" de Jaime Mayor Oreja. Frecuentemente polémica nas súas declaracións, defende os seus argumentos con contundencia e cre nunha vía de goberno alternativa ó nacionalismo vasco, ó cal considera excluínte e crispante."Rosa Díez critica a María San Gil por calificar a Patxi López de «fascista»"San Gil se autodefine como 'hija política' de Mayor Oreja y se proclama como alternativa al nacionalismo 'excluyente', Lukor. Tras a derrota electoral, que supuxo o apartamiento de Mayor Oreja da política no País Vasco, segundo os opoñentes políticos de María San Gil, ela representa a corrente máis conservadora dentro do Partido Popular.Representa la corriente más conservadora dentro del Partido Popular

En novembro de 2006 manifestouse pública e frontalmente en contra do diálogo do goberno de Rodríguez Zapatero con ETA.El PP rechaza hablar con PSE o PNV sobre el proceso de paz fuera del Parlamento.Discurso de San Gil (2004)

En decembro de 2010 manifestou que existían lagoas no 11-M.Mendoza «sospecha» que en el 11-M tomaron parte PSOE, ETA y la inteligencia marroquí

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Políticos do PP Categoría:Políticos do País Vasco