Carlos Totorika Izaguirre, tamén Carlos Totorika Izagirre, nado en Ermua en 1956, é un político socialista vasco, cuxo ámbito de actuación é a súa localidade natal e a comunidade autónoma do País Vasco.

Traxectoria Naceu en Ermua en 1956. O seu pai era carpinteiro e a súa nai rexentaba un pequeno comercio. Estudou o Bacharelato en Éibar, e licenciouse en Ciencias Económicas na Universidade de Bilbao, pasando a traballar na caixa de aforros Bilbao Bizkaia Kutxa de Ermua, onde chegou a ser director de devandita oficina.

Traxectoria política Foi militante carlista até 1976. Dende 1991 até a actualidade é alcalde da súa cidade natal polo PSE-EE, partido ó que se afiliou en 1974. Tamén foi parlamentario vasco, en substitución de Rosa Díez dende outubro de 1999 até maio de 2001. En 2002, tras a dimisión de Nicolás Redondo Terreros, foi candidato á Secretaria Xeral do PSE, en competencia con Gemma Zabaleta e Patxi López, sendo elixido finalmente este último (López obtivo un 57% fronte ó 37% de Totorika). Naquel momento considerouse que Totorika era o candidato dos sectores próximos ó dimitido Redondo Terreros.López-Totorica, un pulso entre dos estrategias , ABC, 22 de marzo de 2002. É secretario xeral do PSE de Ermua.

Ademais, foi un dos fundadores da asociación cívica Foro de Ermua, cuxos obxectivos son o apoio ás vítimas do terrorismo e o rexeitamento ó terrorismo no País Vasco e a defensa da liberdade constitucional. Está asociación foi fundada o 13 de febreiro de 1998 tras o asasinato do concelleiro do Partido Popular de Ermua Miguel Ángel Blanco por parte da banda terrorista ETA, sendo Carlos Totorika alcalde naquel momento da localidade. Debido á súa militancia no PSE-EE está ameazado por ETA e pola súa contorna, tendo que levar escolta.Mi vida sin escolta Tamén foi galardoado coa Orde do Mérito Constitucional.

Está casado e ten dúas fillas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Concello de Ermua

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en Ermua Categoría:Políticos do Partido Socialista de Euskadi