Lo que escondían sus ojos é unha miniserie de televisión baseada na novela homónima de Nieves Herrero Cerezo, que recrea unha historia de amor entre o ministro franquista Ramón Serrano Suñer e a Marquesa de Llanzol, que se converteu nun escándalo nos círculos sociais máis exclusivos da sociedade do momento e que non chegou a transcender á opinión pública.

Producida por Mediaset España para a cadea española Telecinco que foi emitida entre o 22 de novembro e o 20 de decembro de 2016 e está protagonizada por Blanca Suárez e Rubén Cortada.

Sinopse A marquesa de Llanzol (Blanca Suárez), unha muller avanzada ao seu tempo que o tiña todo -beleza, riqueza e posición social- e Ramón Serrano Suñer (Rubén Cortada), cuñado de Francisco Franco, ministro de Asuntos Exteriores e un dos homes fortes do Réxime franquista, namoráronse e viviron un romance clandestino na España da posguerra, unha época na que a Guerra civil española devastara o país e na que nazis e aliados buscaban o apoio da nación nos albores da segunda guerra mundial.

Personaxes Blanca Suárez é María Sonsoles de Icaza y de León, Marquesa de Llanzol. Rubén Cortada é Ramón Serrano Suñer. Emilio Gutiérrez Caba é Francisco de Paula Díez de Rivera, Marqués de Llanzol. Javier Gutiérrez é Francisco Franco. Javier Rey é Cristóbal Balenciaga. Pepa Aniorte é Carmen Polo. Pepa Rus é Matilde. Loreto Mauleón é Zita Polo. Charlotte Vega é Carmen Díez de Rivera. Víctor Clavijo é Antonio Tovar. Antonio Pagudo é Dionisio Ridruejo. Cristina de Inza é Beatriz de León y Loynaz. Verónika Moral é María Carmen de Icaza y de León. Ricardo de Barreiro é Juan. Carolina Meijer é Olivia. Aïda Ballmann é Hilde. Ben Temple. Belinda Washington é Pura Huétor. Carlos Santos é Emilio.

Episodios e audiencias N.º(serie) N.º(temp.) Título Director (es) Data de emisiónAudiencia

Crítica A serie foi criticada tanto por quen considera que banaliza os crimes cometidos baixo o Réxime franquista como polo escaso rigor histórico.Crítica de «Lo que escondían sus ojos»: Ferrero Suñer en abc.es

L'Amical Mauthausen considera que a miniserie constitúe "unha ofensa directa ás vítimas do franquismo e do nazismo e aos seus familiares". Nunha nota de prensa calculan que "uns 5.500 republicanos españois, homes, mulleres e nenos, non saíron xamais dos campos de concentración. 5.500 mortes que son responsabilidade directa de Serrano Suñer".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Telecinco