Un barco ou nave (navío ou buque cando son de grande tamaño) é unha embarcación que percorre os océanos do mundo e outras vías navegables, transportando carga ou pasaxeiros, ou en apoio a misións especializadas, como defensa, investigación e pesca. Os barcos distínguense xeralmente dos botes, segundo o tamaño, a forma, a capacidade de carga e o propósito. Os barcos apoiaron a exploración, o comercio, a guerra, a migración, a colonización e a ciencia. O transporte marítimo é o responsable da maior parte do comercio mundial.
A evidencia histórica máis antiga de barcos atópase en Exipto durante o IV milenio a. C.
Historia
Introdución miniatura|Barcos pesqueiros.|200x200px|esquerdaDurante a maior parte da historia, o transporte por barco, sempre que houbera unha ruta viable, foi xeralmente máis barato, seguro e rápido que facer a mesma viaxe por terra. Só a chegada do ferrocarril a mediados do século XIX e o crecemento da aviación comercial na segunda metade do século XX cambiaron este principio. Isto aplicábase igualmente ás travesías marítimas, ás viaxes costeiras e ao uso de ríos e lagos.
Exemplos das consecuencias disto inclúen o gran comercio de gran no Mediterráneo durante a Idade Antiga. Cidades como Roma dependían totalmente da entrega por veleiros das grandes cantidades de gran necesarias. Estímase que a un veleiro do Imperio Romano lle custaba menos transportar grans ao longo do Mediterráneo do que costaría mover a mesma cantidade 15 millas por estrada. Roma consumía unhas 150 000 toneladas de gran exipcio ao ano durante os tres primeiros séculos d. C.
Ata hai pouco, en xeral, un barco representaba a creación máis avanzada da tecnoloxía que podía acadar calquera sociedade.
Prehistoria e Idade Antiga
Antigo Exipto miniatura|Barca funeraria de Queops.|esquerda|301x301px A evidencia histórica máis antiga de barcos atópase en Exipto durante o IV milenio a. C. O antigo barco de madeira de cedro de Snefru "Eloxio das dúas terras" é a primeira referencia rexistrada (2613 a. C.) dun barco ao que se fai referencia polo seu nome. Un exemplo notable das súas habilidades na construción de barcos foi a barca funeraria de Queops, unha embarcación de 44m de eslora sepultada ao pé da Gran Pirámide de Gizeh ao redor do 2500 a. C. e atopado intacto en 1954.
Arredor do século XXX a. C., en Exipto xa se coñecía como montar cascos de embarcacións con táboas de madeira.Ward, Cheryl. "World's Oldest Planked Boats," in Archaeology (Volume 54, Number 3, May/June 2001). Archaeological Institute of America. Archaeology.org Empregaban presas de tecido para xuntar as táboas e selaban as costuras entres elas. O historiador e xeógrafo grego Agatárquides documentara a navegación entre os primeiros exipcios:"Durante o período próspero do Antigo Reino, entre os séculos 30 e 25 a. C. , as rutas fluviais mantivéronse en orde, e os barcos exipcios navegaban polo Mar Vermello ata o país da mirra" Mesopotamia As primeiras atestacións de barcos no transporte marítimo en Mesopotamia son modelos de barcos, que se remontan ao IV milenio a. C. En textos arcaicos en Uruk, Sumeria, o ideograma para "barco" está testemuñado, pero nas inscricións dos reis de Lagash, os barcos foron mencionados por primeira vez en relación co comercio marítimo e a guerra naval ao redor de 2500 - 2350 a. C.
Mediterráneo miniatura|Mosaico romano dun trirreme cartaxinés, Museu do Bardo, Tunes.A civilización minoica en Creta (2000 a. C.) tiña un control naval efectivo do leste do mar Mediterráneo."Minoan civilization". Encyclopædia Britannica. A antiga Nubia negociaba coa India e hai evidencias de que naves do nordés de África chegaron á rexión entre a India e Sri Lanka. Tamén se sabe do negocio de persoas de Somalia antes da chegada do islam en portos como Berbera e en Exipto.
No 1200 a. C., os fenicios construían grandes barcos mercantes. Son recoñecidos como "os primeiros mariñeiros que practicaron a arte da navegación e do cabotaxe" e os deseñadores do "primeiro barco de verdade, construído con táboas, capaz de transportar unha carga e ser navegado e dirixido". O barco preparado para o mar e con casco máis antigo descuberto é o naufraxio de Uluburun da Idade do Bronce final nas costas de Turquía, que se remonta ao 1300 a. C.
Austronesia miniatura|Barco con cascos secundarios de Fiji cunha vela cangrexa.Os pobos austronesios orixináronse no que hoxe é Taiwán. Desde aquí participaron na expansión austronesia. A súa tecnoloxía marítima distintiva foi parte integral deste movemento e incluíu catamaráns e as, coñecidas como, canoas polinesias. Deduciuse que tiñan velas algún tempo antes do 2000 a. C. As súas velas cangrexas permitíronlles navegar grandes distancias en océano aberto. Dende Taiwán, colonizaron rapidamente as illas do sueste asiático, logo navegaron máis adiante ata Micronesia, Melanesia, Polinesia e Madagascar.
As velas austronesias facíanse con follas tecidas, xeralmente das plantas pandanus. Estas complementábanse con remeiros que se sentaban nas batangas (cascos paralelos ao casco principal similar ao catamarán) dos barcos máis grandes. Os barcos austronesios variaban en complexidade, desde simples caiucos con pequenos cascos secundarios amarrados entre si ata grandes barcos construídos con táboas arredor dunha quilla feita a partir dunha canoa. Os seus deseños eran únicos, evolucionando dende as antigas balsas ata característicos deseños de dobre casco. miniatura|Un dos trimaráns de vela representados no templo de Borobudur, c. século VIII en Xava, Indonesia. Os primeiros mariñeiros austronesios influíron no desenvolvemento das tecnoloxías de navegación en Sri Lanka e no sur da India a través da rede de comercio marítimo austronesio do Océano Índico, precursora da ruta do comercio de especias e da ruta marítima da seda, que se estableceu ao redor do 1500 a. C. Tamén se cre que as velas ao terzo chinesas estaban deseñadas a partir das velas tanja (inclinadas).
No século II, a xente do arquipélago indonesio xa fabricaba grandes barcos de máis de 50 m de eslora e sobresaindo 4 - 7 m fóra da auga. Poderían transportar de 600 a 1000 persoas e de 250 a 1 000 toneladas de carga. Estes barcos eran coñecidos como kun-lun bo ou k'un-lun po (崑崙舶, literalmente "barco do pobo Kunlun") polos chineses, e kolandiaphonta polos gregos. Tiñan de 4 a 7 mastros e podían navegar contra o vento debido ao uso das velas tanja. Estes barcos quizais puideron chegar ata Ghana. No século XI rexistrouse un novo tipo de barco chamado djong ou jong en Xava e Bali. Este tipo de barcos construíuse con tacos e cravos de madeira, a diferenza do kunlun bo que utilizaba fibras vexetais para os amarres.
China Na China, os modelos en miniatura de barcos que presentan remos de dirección foron datados no período dos Reinos Combatientes (c. 475 - 221 a. C.) Na dinastía Han, unha frota naval ben mantida era parte integrante do exército. Os temóns montados en popa comezaron a aparecer nos modelos de barcos chineses a partir do século I. Porén, estes primeiros barcos chineses eran fluviais e non eran aptos para o mar. Os chineses desenvolvéronse en tecnoloxíal naval durante a dinastía Song do século X despois do contacto cos barcos comerciais k'un-lun po do sueste asiático, o que levou ao desenvolvemento dos xuncos.
Na Asia oriental, na dinastía Zhou, desenvolvéronse tecnoloxías nas naves como o leme montado na popa, e atopouse tamén unha frota de navíos da dinastía Han ben conservada e que fora empregada no campo militar. Na Idade Media as embarcacións xa tiñan compartimentos estancos para almacenar auga.
Idade Media miniatura|Barco viquingo en Catoira. Varias civilizacións convertéronse en potencias mariñas. Tales exemplos inclúen as repúblicas marítimas de Xénova e Venecia, a Liga Hanseática, onde se popularizaron a cog (coca) e a mariña bizantina. Os viquingos usaron os seus knarrs para explorar América do Norte, comerciar no Mar Báltico e saquear moitas das rexións costeiras de Europa Occidental.
Os suahilis tiñan portos comerciais na África oriental medieval e o Gran Zimbabwe tiña contacto comercial coa África central, probabelmente importando bens traídos a través da actual Tanzania. No auxe do Imperio de Malí, o emperador Mansa Musa construíu unha gran frota no século XIII e comezos do XIV. Nesa época en Dinamarca inventouse o casco segregado que permitiu un aumento gradual das embarcacións.
Idade Moderna
Asia miniatura|Atakebune. Durante o século XV, a dinastía Ming da China reuniu unha das frotas navais máis grandes e poderosas do mundo para as viaxes do tesouro de Zheng He. No Xapón do século XV, tamén se desenvolveu un dos primeiros revestimentos de ferro do mundo, "Tekkōsen" (鉄甲船), que literalmente significa "barcos de ferro", durante a era Sengoku do século XV ao XVII, a gran loita pola supremacía feudal foi librada, en parte, por frotas costeiras de varios centos de barcos, incluído o "Atakebune". En Corea, a principios do século XV, durante a dinastía Joseon, desenvolveuse o "Geobukseon" (거북선), máis coñecido como "barco tartaruga".
O Imperio Majapahit utilizou grandes barcos chamados "Djong", construídos no norte de Xava, para transportar tropas por mar. Os djongs eran barcos de transporte que podían transportar entre 100 e 2000 toneladas de carga e entre 50 e 1000 persoas, de 29 a 89 metros de eslora. Descoñécese o número exacto de djongs feitos, pero o maior número de djong despregados nunha expedición é duns 400, cando Majapahit atacou Pasai en 1350.
Europa miniatura|Réplica da nave Victoria, de Magalhães.A finais do século XIV algúns barcos comezaron a ter torres na popa e na proa, que diminuían a estabilidade da nave. No século XIV, a carabela, deseñada polos portugueses baseada no qarib árabe podía navegar máis preto do vento, e estendeuse o seu uso. Estas torres foron substituídas gradualmente polos castelos de popa e proa como na Santa María de Cristovo Colón. Isto incrementou a borda libre permitindo a inclusión de artillaría, como nos galeóns da coroa de Castela do século XVI.
Despois de Colón, a exploración europea acelerouse rapidamente e establecéronse moitas novas rutas comerciais. En 1498, ao chegar á India, Vasco da Gama demostrou que era posible o acceso ao océano Índico desde o Atlántico. Estas exploracións no océano Atlántico e Índico foron seguidas axiña por Francia, Inglaterra e os Países Baixos, que exploraron as rutas comerciais portuguesas e españolas cara ao océano Pacífico, chegando a Australia en 1606 e a Nova Zelandia en 1642. Despois do século XV, os novos cultivos que viñeran das Américas contribuíron significativamente ao crecemento da poboación mundial.
Idade Contemporánea miniatura|Pintura da batalla de Trafalgar de Auguste Mayer. miniatura|Navío italiano de aparello completo Amerigo Vespucci no porto de Nova York. miniatura|RMS Titanic parte de Southampton. O seu afundimento levou a unhas normas de seguridade máis estritas. Durante a primeira metade do século XVIII, a Armada Real francesa comezou a desenvolver un novo tipo de barco coñecido como navire de ligne navío de liña, con 74 canóns. Converteuse na columna vertebral de todas as armadas europeas. Estes barcos tiñan 56 metros de eslora e a súa construción requiría 2.800 carballos e 40 quilómetros de corda; levaban unha tripulación duns 800 mariñeiros e soldados.
Durante o século XIX a Armada Real británica impuxo a prohibición do comercio de escravos, actuou para suprimir a pirataría e continuou mapeando o mundo. O clipper clíper era un veleiro moi rápido do século XIX. Quedaron en desuso comercial coa introdución de barcos de vapor con mellor eficiencia de combustible e a apertura das canles de Suez e Panamá.