Alfredo Ramos González, nado na Coruña en 1972, é un enxeñeiro e empresario galego, dende 2016 director xeral de R.

Traxectoria Enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade de Vigo, posteriormente formouse como empresario na Escola de Organización Industrial, no IESIDE (daquela Escola de Negocios Caixanova) e no IESE da Universidade de Navarra, Comezou a traballar como enxeñeiro na Armada Española e posteriormente en Indra (daquela Norsistemas), antes de entrar en 1998 en R onde acabou por ser o director para o mercado residencial. En decembro de 2016 foi nomeado director xeral de R. Nesta etapa impulsou a aceleradora de empresas baseada en retos Startups R DiCo Challenge en colaboración coa AMTEGA e CRTVG e a primeira cátedra interuniversitaria de Galicia: a cátedra R en ciberseguridade coas Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo.

En xuño de 2019 foi nomeado director comercial do mercado masivo para todas as marcas do grupo Euskaltel, incluíndo o inicio de comercialización de Virgin Telco en plena pandemia, e que acadaría 115.000 clientes no seu primeiro ano de vida

Notas

Categoría:Empresarios do sector de telecomunicacións Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes