miniatura|O convenio SOLAS regula a seguridade no mar. SOLAS son as siglas en inglés de Safety of Life at Sea, en galego Seguridade da vida no mar. SOLAS é un convenio e normativa internacional da OMI asinado por 162 países que representan o 99% da frota mundial.

Historia e protocolos A primeira versión foi aprobada en 1914, en resposta á catástrofe do Titanic; a segunda, en 1929; a terceira, en 1948; a cuarta, en 1960; e a quinta, en 1974. Esta última, actualmente en vigor, inclúe o procedemento de aceptación tácita, que estabelece que unha emenda entrará en vigor nunha data determinada a menos que, iñantes desa data, as obxeccións á emenda se reciban dun número convido de partes.

O Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar (SOLAS) actualmente vixente foi adoptado o 1 de novembro de 1974 pola Conferencia internacional sobre seguridade da vida humana no mar, convocada pola Organización Marítima Internacional (OMI), e entrou en vigor o 25 de maio de 1980. Dende entón emendouse dúas veces por medio de protocolos:

O protocolo adoptado o 17 de febreiro de 1978 pola Conferencia internacional sobre seguridade dos buques tanque e prevención da contaminación (protocolo de 1978 relativo ao SOLAS), o cal entrou en vigor o 1 de maio de 1981. O protocolo adoptado o 11 de novembro de 1988 pola Conferencia internacional sobre o sistema harmonizado de recoñecementos e certificación (protocolo de 1988 relativo ao SOLAS), que entrou en vigor o 3 de febreiro de 2000 e substituíu e deixou sen efecto o protocolo de 1978, entre as partes no protocolo de 1988. Ademais, o convenio é obxecto de continuas emendas, ben mediante resolucións aprobadas nas reunións do Comité de Seguridade Marítima (CSM) da OMI, ou en conferencias de gobernos contratantes. Até a data de publicación da súa versión refundida de 2009, o convenio fora obxecto de 36 emendas.

O protocolo de 1988 tamén foi emendado en varias ocasións; unha das últimas emendas entrou en vigor en xaneiro de 2017.

Capítulos O convenio ten 14 capítulos: Capítulo I – Disposicións Xerais Capítulo II-2 – Construción-prevención, detección e extinción de incendios Capítulo III – Dispositivos e medios de salvamento Capítulo IV – Radiocomunicacións Capítulo V – Seguridade da navegación Capítulo VI – Transporte de cargas Capítulo VII – Transporte de mercancías perigosas Capítulo VIII – Buques nucleares Capítulo IX – Xestión da seguridade operacional dos buques Capítulo X – Medidas de seguridade aplicable a naves de gran velocidade Capítulo XI-1 – Medidas especiais para incrementar a seguridade marítima Capítulo XI-2 – Medidas especiais para incrementar a protección marítima Capítulo XII – Medidas de seguridade adicionais aplicables aos buques de carga OBO (mineral e grao) Capítulo XIII – Verificación de cumprimento. En vigor dende xaneiro de 2016 para estados membros de IMO Capítulo XIV – Medidas de seguridade en buques que navegan en augas polares. En vigor dende xaneiro de 2017. Introdución e parte I-A do Código Internacional para Operar Buques en Augas Polares (Código Polar)

Véxase tamén Bibliografía SOLAS Edición refundida del Convenio internacional para la seguridad de la vida humana en el mar, 1974, y su Protocolo de 1988: artículos, anexos y certificados. Organización Marítima Internacional Londres, 2002. (571 páxinas) ISBN 92-801-3541-4 IMO -113S Ligazóns externas Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar, 1974 (Convenio SOLAS) Adopción: 1 de novembro de 1974; entrada en vigor: 25 de maio de 1980 (resumo de normativa OMI, en castelán)

Categoría:Navegación Categoría:Seguridade Categoría:Tratados de Irlanda