Rafael Salcidos Sobrino, nado en 1912 e finado en Vigo en decembro de 1997,La Voz de Galicia, 11-12-1997, p. 30. foi un político galego. Traxectoria Xefe Local de Falange da Guarda. Foi nomeado alcalde da Guarda o 31 de outubro de 1946, permanecendo no cargo até o 11 de febreiro de 1949. Despois foi empregado da Delegación Sindical, e xefe da Hermandad Sindical de Labradores. En 1954 foi elixido concelleiro polo terzo de entidades profesionais e culturaisEl Pueblo Gallego, 10-12-1954, p. 7. e novamente en 1963 polo terzo familiar. En 1967 foi primeiro tenente alcalde na corporación presidida por José Luís García PérezEl Pueblo Gallego, 22-2-1967, p. 11..
Notas
Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes