Danielle Andrea Harris, nada en Nova York o 1 de xuño de 1977, é unha actriz e directora de cine estadounidense, máis coñecida polas súas actuacións en filmes de terror, incluíndo Halloween 4: The Return of Michael Myers (1988), Halloween 5: The Revenge of Michael Myers (1989), Halloween (2007) e Halloween II (2009). Outros filmes destacables da súa filmografía son Urban Legend (1998), Stake Land (2010) e Hatchet, Hatchet II (2010) e Hatchet III (2013).

Alén da súa reputación no cinema de terror, Harris é coñecida como actriz infantil, cuxa carreira se formou con filmes independentes e grandes producións como Marked for Death (1990), The Last Boy Scout (1991), Liberade a Willy (1993) e Daylight (1996).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Nova York (estado) Categoría:Actores dos Estados Unidos de América