José Jurado Romero, nado en Tui e finado no mesmo concello o 28 de febreiro de 1971, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Sabino Jurado. Médico casado na Guarda. Membro da Falange da Guarda, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro-síndico da Guarda na corporación presidida por Francisco Moreno Álvarez, pero foi cesado fulminantemente polo Gobernador civil, en vista dos informes sobre os seus excesos na represión contra os republicanos guardeses. Foi nomeado alcalde de Tui o 11 de setembro de 1951. En marzo de 1952 foi elixido deputado provincial.El Pueblo Gallego, 27-3-1952, p, 2. Permaneceu na alcaldía de Tui até o 10 de xullo de 1957. Finou en Tui o 28 de febreiro de 1971.El Pueblo Gallego, 2-3-1971, p. 4.
Vida persoal Casou con María de los Ángeles Alonso Martínez e foi pai de José María e María de los Ángeles Jurado Alonso.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Médicos de Tui Categoría:Falanxistas Categoría:Concelleiros da Guarda Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra
Categoría:Nados en Tui
Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes