Stephen Robert "Steve" Irwin, nado o 22 de febreiro de 1962, e finado o 4 de setembro de 2006, alcumado "O cazador de crocodilos", era un experto da natureza australiano e personalidade televisiva. Irwin conseguiu a fama mundialmente grazas á serie televisiva The Crocodile Hunter, un documental emitido internacionalmente sobre a vida salvaxe, co-presentado coa súa muller Terri. Xuntos, a parella posuía e xestionaba o Zoo de Australia, fundado polos pais de Irwin en Beerwah, uns 80 quilómetros ó norte da capital do estado de Queensland, Brisbane.
Irwin morreu o 4 de setembro de 2006 despois de ser apuñalado no peito polo aguillón dunha raia mentres filmaba un filme documental submarino titulado Ocean's Deadliest. A Sociedade de Conservación Sea Sheperd chamou ó barco MY Steve Irwin na súa honra.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Presentadores de televisión Categoría:Nados en Victoria, Australia