Craig Womack, nado o 28 de febreiro de 1960, é un autor e profesor de literatura nativa americana. De ascendencia creek-cherokee, Womack é máis coñecido por Red on Red: Native American Literary Separatism, un libro de crítica literaria no que argumenta que o foco dominante dos estudos académicos da literatura dos indios dos Estados Unidos está mal. No canto de empregar os enfoques postestruturais e postcoloniais que non teñen a súa base na cultura ou experiencia nativa, Womack afirma que o traballo da crítica nativa debe desenvolver modelos tribais de crítica. Xunto con Robert Allen Warrioe, Jace Weaver e Greg Sarris, Womack é clasificado como un estudoso da literatura dos nativos americanos de segunda xeración, un grupo que ten significativamente alterado o uso das metodoloxías críticas empregadas no achegamento á literatura nativa americana.

Womack tamén ten escrito un novela, Drowning in Fire, sobre a vida dos mozos homosexuais nativos americanos.

Actualmente, Womack traballou como profesor na Universidade de Emory, especializada en literatura nativa americana.«Academic Departments & Programs ». college.emory.edu.

Obra Drowning in Fire, novela, 2001 Red on Red, 1999. "Baptists and Witches: Multiple Jurisdictions in a Muskogee Creek Story" Southern Spaces. 17 de xullo de 2007. Craig S. Womack, Daniel Heath Justice, Christopher B. Teuton Reasoning Together: The Native Critics Collective University of Oklahoma Press, 2008 Craig S. Womack Art as performance, story as criticism: reflections on native literary aesthetics University of Oklahoma Press, 2009 Brooks, Lisa, Michael Elliott, Arnold Krupat, Elvira Pulitano, Craig Womack. "Cosmopolitanism and Nationalism in Native American Literature: A Panel Discussion." Southern Spaces, 21 de xuño de 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Womack Universidade de Oklahoma listaxe Canonizing Craig Womack, nun artigo en American Indian Trimestral. Entrevista de 2005 a blogccritics revista

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Estadounidenses de ascendencia cherokee Categoría:Nacionalistas nativos americanos Categoría:Pobo muskogee Categoría:Pobo cherokee