Egon Leo Adolf Schiele, nado en Tulln an der Donau, Imperio Austrohúngaro o 12 de xuño de 1890 e finado en Viena o 31 de outubro de 1918, foi un pintor e gravador austríaco, contemporáneo e discípulo de Gustav Klimt.
Traxectoria Foi un dos grandes artistas figurativos de principios do século XX e xunto con Oskar Kokoschka formou o que se coñece por expresionismo austríaco. A súa vida estivo rodeada por unha aura de misticismo: de talento moi precoz, faleceu aos 28 anos. A pesar da súa curta vida, a súa obra é moi extensa: unhas trescentas corenta pinturas e dúas mil oitocentas acuarelas e debuxos. Na súa obra creativa figuran tamén poemas e experimentos fotográficos. O seu particular estilo situouno entre os movementos expresionistas, especialmente da Secesión vienesa, cunha tipoloxía moi persoal.
As principais obras de Schiele consérvanse en Viena distribuídas entre a Österreichische Galerie Belvedere e o Leopold Museum inaugurado no ano 2001. Ademais, a meirande parte da súa colección de debuxos atópase no Albertina, tamén en Viena.
Galería
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Egon Schiele Pictorial Histories Egon Schiele en francés Egon Schiele. Pinturas
Categoría:Nados no estado da Baixa Austria Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores de Austria Categoría:Finados por gripe