Alfons Quintà i Sadurní, nado en Figueres en 1943, e finado en Barcelona o 19 de decembro de 2016, foi un xornalista e avogado catalán, oficial da Mariña Mercante. Exerceu de xuíz.

Carreira xornalística Alfons Quintà destacou especialmente como xornalista. Creou os programas en catalán de Ràdio Barcelona. «Cambios en la Redacción de EL PAIS». Foi delegado do xornal El País en Cataluña, onde escribiu unha serie de artigos que relacionaban a Jordi Pujol co caso da Banca Catalana. Porén, a administración Pujol nomeouno director xeral do Proxecto dunha Empresa Pública para a Produción e Transmisión de Televisión de Cataluña. Despois de deixar a xestión da TV3, Quintà colaborou no proxecto de El Observador, o xornal promovido por Lluís Prenafeta, e do que foi director ata poucos meses despois da saída da primeira copia. Foi asesor científico da Gran Enciclopèdia Catalana. Dende entón, Quintà foi columnista do xornal Avui, ata o 2005 na columna diaria "L'encenall" e no semanal "Planetàrium"; despois, comezou a perder espazo significativamente e deixou de escribir nel no ano 2009. En maio de 2012, foi nomeado director do xornal dixital El Debat, en substitución de Francisco Moreno. Tamén foi columnista do Diari de Girona e foi implicado como paroleiro en programas como Amics, coneguts i saludats de 8tv.

Morte O día 19 de decembro de 2016 foron atopado mortos na súa casa en Barcelona, a súa esposa e el. Ó parecer, asasinou á súa esposa cunha escopeta de caza e, a continuación, suicidouse. De feito, no primeiro andar, atopouse unha nota de suicidio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Texto de José. M. Figueras extraído do libro de Prensa e nacionalismo (Terraza, 2002)

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Figueres Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Finados en 2016