miniatura|dereita|300px|Insituto do Templo.
O Instituto do Templo (en ) é un museo, instituto de investigación e centro educativo na cidade antiga de Xerusalén. Foi fundado en 1987. O instituto está dedicado aos dous templos de Xerusalén (o Primeiro Templo e o Segundo Templo).
Este instituto é unha organización israelita centrada nos esforzos por establecer o Terceiro Templo de Xerusalén. Os seus obxectivos a longo prazo son construír o Terceiro Templo xudeu no Monte do Templo, que é o lugar onde agora está situada a mesquita da Cúpula da Rocha. Foi fundado polo rabino Yisrael ArielRebuild Herod's Temple? A Few Israelis Hope New York Times, April 9, 1989. e recibiu fondos de particulares e do goberno de Israel. O Instituto está elaborando os obxectos rituais necesarios para ser usados no culto no futuro templo; por exemplo en 2007 xa prepararan a coroa de ouro (Tzitz) do Sumo Sacerdote, entre outros obxectos.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
The Temple Institute
Categoría:Xerusalén