Jean-Michel André Jarre, nado en Lión o 24 de agosto de 1948, popularmente coñecido como Jean Michel Jarre ou Jean-Michel Jarre, é un compositor e intérprete francés de música electrónica.

Traxectoria Tivo relevancia internacional polos seus concertos multitudinarios celebrados ó ar libre. Dende o seu debut en 1971, tocou diversos estilos musicais como, entre outros, o electro-rock e o ambient.

Familia É fillo do compositor francés Maurice Jarre.

Concertos en Galiza O seu primeiro espectáculo en Galiza tivo lugar no Monte do Gozo de Santiago de Compostela,No mesmo escenario en 1993 tocaron Prince, B.B. King e Bruce Springsteen entre outros. como parte da súa xira ''Europa Concert'' no 29 de setembro de 1993, no que incluía pezas de toda a súa carreira, desde The Cage, e unha monumental posta en escena e innovadores efectos sonoros e visuais, co uso de láseres.

En 2010, Jarre regresou a Compostela para ofrecer outro concerto na praza do Obradoiro, dentro do programa Camiño da Música, no que combinaba músicas dese ano con outras do álbum ''Oxygene'', de 1976, empregando distintos instrumentos como teclados, sintetizadores e theremin.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Lión Categoría:Compositores de Francia