KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega. O proxecto iniciouse no 2013 e a páxina estivo completamente operativa o 20 de xaneiro de 2015. É utilizado por arredor de 130 museos de Noruega e Suecia.
Segundo o seu propio sitio web, KulturNav está deseñado para mellorar o acceso á información sobre o patrimonio cultural en arquivos, bibliotecas e museos, traballando con metadatos comúns. Así, distintas institucións poden colaborar para construír unha base de datos e terminoloxía estándar. Segundo o Centro de Arquitectura e Deseño Skeppsholmen, KulturNav posúe un rexistro bastante completo de arquitectos suecos.
Software KulturNav emprega a tecnoloxía KulturIT, un software desenvolvido e mantido en conxunto entre o Museo de Cultura Popular de Noruega e o Museo Lillehammer, un proxecto sen fins de lucro. KulturIT baséase no sistema de datos con ligazóns, o que o fai compatible con outras fontes que utilicen a mesma tecnoloxía.
A API soporta consultas con HTTP GET, as cales non teñen un sistema de autenticación e autorización, o que significa que só se pode consultar contido que sexa público. O sistema foi desenvolvido baseándose en Play Framework, xunto con Solr e jQuery.
Proxectos En marzo de 2015, o rexistro nacional de fotografía de Suecia iniciou o proceso de migración a KulturNav.
O proxecto de dixitalización do Museo de Historia Natural de Estocolmo, iniciado no 2016 e que se espera finalice no 2020, prevé subir o material obtido a KulturNav ou unha plataforma similar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Bases de datos Categoría:Identificadores