O comanche é unha lingua indíxena norteamericana, da familia uto-azteca, e da subfamilia númica, que empregaban os comanches. No ano 2000 contaba con case 700 falantes, concentrados nas reservas da parte occidental de Oklahoma. O comanche está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
A lingua comanche é moi semellante á lingua dos shoshones a pesar de que certas modificacións de baixo nivel de consoantes en comanche dificultan a intelixibilidade mutua.
Orixe do nome Aínda que existen varias propostas sobre a orixe do nome Comanche, crese que procede do termo da lingua ute Ko·mantci· 'o meu inimigo' (pronunciado ou [kɨ.ˈma.tsi])Hämäläinen, Pekka (1998) "The Western Comanche Trade Center: Rethinking the Plains Indian Trade System" The Western Historical Quarterly 29(4): pp. 485-513, p. 488, mentres que a denominación propia para a súa lingua é nʉmʉ tekwap ʉ (lingua do pobo).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Alfabeto comanche en Omniglot.com
Categoría:Linguas númicas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas