RD-100 é a designación do motor foguete que propulsou o primeiro mísil de curto alcance de fabricación soviética, o R-1, unha copia do V-2 alemán.
Características O motor RD-100 foi construído por Glushko con asistencia de científicos alemáns capturados durante o final da segunda guerra mundial. A primeira unidade foi construída en 1946, non sen dificultades ao ter que ser fabricado desde cero ao non existir o equipamento necesario na Unión Soviética para reproducir a tecnoloxía alemá que permitiu as V-2. A primeira proba dun RD-100 tivo lugar en maio de 1948 en Khimki. Entrou en servizo en 1950.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos R-1 (mísil)
Categoría:Motores foguete