RD-101 é a designación do motor foguete que propulsou o mísil de curto alcance de fabricación soviética R-2, desenvolvido ao mesmo tempo que o R-1 (á súa vez unha copia do V-2 alemán) pero sen axuda de científicos alemáns por motivos de seguridade.

Características O motor RD-101 foi construído por Glushko en paralelo ao RD-100. Resultou nun motor máis compacto e potente, cunha maior presión na cámara de combustión e unha maior proporción de alcohol na mestura de propelente. Foi probado por primeira vez en 1949.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos R-1 (mísil) R-2 (mísil) RD-100 RD-103

Categoría:Motores foguete