O Sinus Amoris ("Baía do Amor" en latín) esténdese ao norte do extremo nordeste do Mare Tranquillitatis. Está localizado nas coordenadas selenográficas 19.92° N de latitude e 37.29° E de lonxitude, aínda que ao tratarse dun elemento de forma irregular e límites non moi precisos, as coordenadas do seu punto central e do seu diámetro poden variar entre distintas fontes.Gazetteer of Planetary Nomenclature. O seu diámetro envolvente é duns 189 km. Ao norte da baía áchanse os accidentados cumes dos Montes Taurus. miniatura|Imaxe do norte do Sinus Amoris, co cráter Römer por encima (esquerda do centro) (Misión Apolo 17). Preto do límite sur da baía, onde se une co Mare Tranquillitatis, sitúase o cráter Theophrastus. No seu lado occidental aparecen o cráter alagado de lava Maraldi e o Mons Maraldi. Limítrofe co lado leste da baía aparecen os cráteres Carmichael e Hill. A parte central da baía inclúe algunhas cristas baixas, aínda que en xeral o seu perfil é considerablemente chairo e está libre doutros trazos significativos. esquerda|miniatura|Sinus Amoris, co cráter Hill no centro da imaxe Na saída da baía cara ao sur, onde únese ao Mare Tranquilitatis, aparece o Mons Esam, unha elevación menor situada entre varios domos lunares pequenos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Antonín Rükl: Mond, Mars, Venus. Taschenatlas der erdnächsten Himmelskörper. Artaria-Verlag, Praga 1977, páx. 138-141 Outros artigos Lista de mares lunares Ligazóns externas Referencia UAI do Sinus Amoris Full Moon Atlas (interaktiv) The-moon.wikispaces.com: Sinus Amoris

Categoría:Mares da Lúa