Frei Álvaro Osorio de Moscoso, finado en Roma o 10 de abril de 1539, foi un dominico, bispo da Diocese católica latina de Astorga.
Traxectoria Cuarto fillo de Pedro Osorio de Villalobos e Urraca de Moscoso e irmán de Rodrigo Osorio de Moscoso, conde de Altamira, ingresou no convento salmantino, onde tomou o hábito en 1489, para despois dedicarse ao ensino. En 1505 Fernando el Católico, encomendoulle a educación do seu neto, Fernando I, irmán de Carlos V.
En 1515 nomeárono bispo de Astorga e foi confesor de Filipe o Fermoso e de Xoana a Tola.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1539 Categoría:Dominicanos de España