William Salice, nado en Casei Gerola, Lombardía o 18 de xullo de 1933 e finado en Pavia, Lombardía o 29 de decembro de 2016, foi un empresario italiano. Foi empregado en Ferrero SpA, onde foi recoñecido como o inventor dos ovos Kinder Sorpresa.

Traxectoria Comezou a traballar en Ferrero en 1960, e finalmente converteuse nun estreito colaborador do dono da empresa, Michele Ferrero.

Ideou o concepto dos ovos Kinder Sorpresa a finais dos anos 1960, mentres investigaba usos alternativos para os moldes de ovos de pascua de chocolate do fabricante, que estaban sen usar a maior parte do ano. A pesar disto, insistiu en referirse a Michele Ferrero como o inventor, afirmando ser, simplemente, o «executor material» da idea. Os ovos Kinder foron comercializados por primeira vez en 1974.

Tamén xogou un papel na creación doutros diversos produtos de Ferrero, tales como os Ferrero Rocher e Pocket Coffee.

Despois da súa xubilación en 2007, cofundou Cor Your Life Foundation, xunto ao empresario italiano Enrico Gasperini.«Il Fondatori» . www.coloryourlife.it (en italiano).  A fundación ofrece cursos gratuítos para mozos emprendedores.

Morreu o 29 de decembro de 2016, na cidade de Pavia, despois de sufrir un accidente cerebrovascular. Tiña 83 anos.

Notas

Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en 1933 Categoría:Empresarios do sector agroalimentario Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados na Lombardía