miniatura A rata comúnBUSCatermos da USC rata común, que dá como referencias os Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo, 2012, e "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991 (Rattus norvegicus), tamén chamada en moitos países rata gris ou parda (pola súa pelaxe), que se corresponde coa rata "de sumidoiro" (por ser un dos lugares onde abunda en zonas urbanas) é unha especie de roedor de distribución mundial, a máis común das ratas hoxe. É unha das dúas especies do xénero Rattus presentes en Galicia (a outra é a rata negra).
É un dos muroideos de maior tamaño cunha lonxitude de 25 cm e un rabo de similar tamaño; cun peso medio nos machos de 350 g e nas femias de 250 g, con pelaxe gris ou marrón. Aínda que se orixinou no norte da China, este roedor estendeuse agora por todos os continentes excepto a Antártida ou preto do polo norte (foi erradicada de Alberta, Canadá), e é a rata dominante en Europa e gran parte de Norteamérica, e as súas poboacións son moi numerosas, polo que se podería dicir que é o mamífero con máis éxito da Terra despois do ser humano. Con raras excepcións, esta rata vive en todos os sitios onde vive o ser humano, especialmente en zonas urbanas.
A reprodución selectiva entre Rattus norvegicus produciu a rata de laboratorio, un organismo modelo usado en investigación biolóxica, así como as variedades de ratas mascotas.
Etimoloxía Non se sabe con certeza por que se lle deu o nome científico de Rattus norvegicus (rata de Noruega), xa que non se orixinou en Noruega. Porén, o naturalista inglés John Berkenhout, autor do libro de 1769 Outlines of the Natural History of Great Britain (Perfís da Historia Natural de Gran Bretaña) deulle ese nome binomial, xa que cría que a rata migrara a Inglaterra en barco desde Noruega en 1728, cousa que non era certa.
No século XIX xa estaba claro que a súa procedencia non era Noruega e fixéronse varias hipóteses sobre a súa orixeFriends' Intelligencer. (1858) Volume 14. William W. Moore, publisher. pp. 398.Chambers, William and Robert Chambers. (1850) Chambers's Edinburgh Journal. pp. 132.Miles, Alfred Henry. (1895) Natural History. Dodd, Mead & Company. pp. 227 No século XX os naturalistas tiñan claro que se orixinara en Asia central, probablemente na China.Cornish, Charles John. (1908) The Standard Library of Natural History. The University Society, Inc. Volume 1, Chapter 9. pp. 159
O nome común de "rata común" débese a que é a rata máis estendida e común no mundo, aínda que non sempre foi así, xa que, por exemplo en Europa, predominaba a rata negra antes da irrupción da rata común. Outros nomes que se lle dan en moitos países débense á cor da súa pelaxe, gris ou marrón (rata gris, rata parda). Tamén é a rata que prolifera por millóns na rede de sumidoiros das grandes cidades, polo que é a "rata de sumidoiro", aínda que vive tamén en moitos outros sitios.
Descrición miniatura|290px|Comparación física entre a rata negra (Rattus rattus) e a común (Rattus norvegicus).
A pelaxe é áspera e xeralmente de cor marrón ou gris escura, con ventre máis claro. A rata común é un múrido bastante grande e pode pesar o dobre que a rata negra e varias veces o peso dun rato doméstico. A lonxitude adoita estar entre 20 e 25 cm, ao que hai que sumar un rabo de entre 18 e 25 cm, polo que é case da mesma lonxitude que o corpo. O corpo dos adultos pesa como media 350 g nos machos e uns 250 g nas femias. Informouse de individuos extremadamente grandes que chegaban a pesar de 900 a 1000 g, pero non é normal en espécimes non domésticos. As historias de ratas que acadan o tamaño de gatos son esaxeracións ou confusións con outros roedores, como o coipú e a rata almiscreira. De feito, o común en ratas que crían na natureza é pesar menos (ás veces considerablemente menos) de 300 g.Leslie, P. H., Perry, J. S., Watson, J. S., & ELTON, C. (February 1946). The Determination of the Median Body‐Weight at which Female Rats reach Maturity. In Proceedings of the Zoological Society of London (Vol. 115, No. 3‐4, pp. 473–488). Blackwell Publishing Ltd.
A rata común ten un sentido da audición moi agudo, e son sensibles aos ultrasóns, e posúe un sentido do olfacto moi desenvolvido. A súa frecuencia cardíaca media está entre 300 e 400 latexos por minuto, e a frecuencia respiratoria é de arredor de 100 por minuto. A agudeza visual dunha rata pigmentada é mala, arredor de 20/600, mentres que unha rata non pigmentada (lbina sen melanina nos ollos é de arredor 20/1200 e ten unha tremenda dispersión da luz no seu sistema visual. As ratas comúns son dicrómicas e perciben a cor de xeito bastante parecido ao ser humano cunha cegueira para as cores vermella-verde, e a súa saturación de cor pode ser bastante feble. Na súa percepción na zona do azul teñen tamén receptores do ultravioleta (UV), o que lles permite ver luces ultravioleta que outras especies non perciben.
Bioloxía e comportamento miniatura|esquerda|Cranio de rata común.
A rata común é nocturna e unha boa nadadora, tanto na superficie coma baixo a tona da auga, e observouse gabeando por postes delgados de metal redondos de varios metros para alcanzar os dispensadores de comida de paxaros situados en xardíns. Escavan ben e a miúdo constrúen extensos sistemas de galerías. Aínda que un estudo de 2007 atopou que posúen metacognición, unha capacidade mental que anteriormente só se coñecía en humanos e algúns primates, posteriores análises máis a fondo indicaron que os resultados puideron darse só porque se seguiron principios condicionantes operantes simples.
Comunicación
As ratas comúns poden producir vocalizacións ultrasónicas. As crías usan diferentes tipos de gritos ultrasónicos para estimular e dirixir o comportamento de busca materna, e para regular os movementos das súas nais no niño. Aínda que as crías producen ultrasóns rodeados doutras ratas aos 7 días de idade, cando teñen 14 días xa reducen significativamente a produción de ultrasóns cando hai ratas macho arredor como resposta defensiva. As ratas adultas emiten vocalizacións ultrasónicas en resposta á presenza de predadores ou a un perigo percibido; e a frecuencia e duración de tales gritos depende do sexo e do estado reprodutor da rata. A femia emite tamén vocalizacións ultrasónicas durante o apareamento.
Sons que expresan benestar
As ratas poden tamén emitir vocalizacións ultrasónicas de alta frecuencia curtas inducidas socialmente durante os seus xogos de pelexa, antes de recibir morfina ou de aparearse e cando están contentas. A vocalización, descrita como un "pío" (chirping), foi asimilada a un riso e é interpretada como a expectativa de algo recompensante. Como moitas vocalizacións das ratas, este son é dun ton demasiado alto como para que o poida percibir o oído humano sen un equipo especial. Os propietarios de mascotas usan ás veces detectores de morcegos para este propósito.
En investigacións, estes sons viuse que están asociados con sentimentos emocionais positivos, e establécense lazos sociais co emisor, e como resultado as ratas quedan condicionadas a buscalo. Porén, a medida que a idade das ratas aumenta, a tendencia a emitir estes sons parece declinar.
Comunicación audible Producen tamén ruídos comunicativos audibles polo ser humano. O son que máis habitualmente se lles sente ás ratas domésticas é o de renxer os dentes, o cal se produce xeralmente porque o animal está contento, pero pode ser tamén unha forma de 'autoconsolo' en situacións de estrés, como unha visita ao veterinario. O ruído descríbese como un rápido renxido ou murmurio, que varía dun animal a outro.
Ademais, con frecuencia chían en diversos tons desde os chíos de dor abruptos de ton alto a sons "cantareiros" persistentes suaves durante as confrontacións.
Dieta miniatura|dereita|Rata común comendo sementes de xirasol. A rata común é un verdadeiro omnívoro e come case calquera cousa, pero os cereais forman unha parte substancial da súa dieta. Martin Schein, fundador da Sociedade do Comportamento Animal en 1964, estudou a dieta das ratas comúns e chegou á conclusión de que os alimentos máis probables da rata común eran ovos revoltos, macarróns con queixo, cenorias crúas e grans de millo cocidos. Segundo Schein, os alimentos menos preferidos por elas eran remolacha crúa, pexegos e apio cru.
O comportamento de procura de comida adoita ser específico de poboación e varía segundo o ambiente e as fontes de alimentos. As ratas comúns que vivían nunha zona de desova en Virxinia Occidental capturaban crías de peixes. Algunhas colonias que viven nas beiras do río Po en Italia mergúllanse nas augas para apañar moluscos, unha práctica que demostra a aprendizaxe social entre os membros desta especie. As ratas na illa de Norderoog no mar do Norte axexan e matan pardais e patos.
Reprodución e ciclo vital
A rata común é moi prolífica; pode reproducirse durante todo o ano se as condicións son axeitadas, e unha femia pode producir ata cinco camadas ao ano. O período de xestación é só de 21 días e as camadas poden ser de ata 14 crías, aínda que o máis común é 7. Chegan á madurez sexual ás cinco semanas de idade. En condicións ideais para a rata, isto significa que a poboación de femias podería multiplicarse por 3,5 (a metade dunha camada de 7) en só 8 semanas (5 semanas para chegar á madurez sexual e 3 semanas de xestación), o que corresponde a un crecemento equivalente a que a poboación se multiplique por 10 en só 15 semanass. A duración máxima da vida deste animal é duns 3 anos, aínda que o máis común é que vivan apenas un ano. A taxa de mortalidade anual estimada é do 95%, e as principais causas de mortalidade son os predadores e os conflitos interespecíficos.
Cando están lactando as femias mostran un ritmo de 24 horas de comportamento materno, e pasan máis tempo atendendo ás camadas pequenas que ás grandes.
Viven en grandes grupos xerárquicos, en toqueiras ou en sitios subsuperficiais, como sumidoiros e sotos. Cando hai escaseza de comida, as ratas que son inferiores na orde social son as primeiras en morrer. Se se extermina unha gran fracción da poboación de ratas, as restantes restauran rapidamente o nivel da poboación.
Comportamento social
As ratas comúns xeralmente se acicalan unhas a outras e dormen xuntas. Establecen unha orde xerárquica, polo que unhas ratas dominan a outras. Os grupos de ratas adoitan "xogar a pelexar", o cal implica unha combinación de saltos, persecucións, rodar e "boxeo". Nestes xogos s ratas buscan o pescozo das outras, mentres que nas loitas serias atacan a parte traseira das outras. Se o espazo onde viven é limitado, o comportamento pode facerse agresivo, o cal pode resultar na morte dalgúns animais, reducindo así a carga sobre o espazo vital.
Forman grupos familiares formados pola nai e as crías.Barnett, S. (1975). The Rat: a study in behavior (pp. 52–115). Chicago, MI: The University of Chicago Press. Isto aplícase a ambos os grupos de machos e femias. Porén, as ratas son animais territoriais, o que significa que xeralmente actúan agresivamente ou temen as ratas estrañas. Cando defenden o seu territorio xeralmente poñen de punta o pelo, asubían, chían e moven os rabos. Perséguense unhas a outras, outras veces acicálanse, dormen en grupos, loitan entre elas, teñen rifas pola dominancia, comunícanse e xogan de diversos modos entre elas. O arrexuntamento é unha importante parte adicional da socialización das ratas. Este arrexuntamento de moitos individuos suponse que ten a función de conservar a calor. As crías de ratas no niño dependen especialmente da calor da súa nai, xa que non poden regular a súa propia temperatura. O arrexuntamento é unha forma extrema de gregarismo. Outras formas de interacción son: arrastrarse por debaixo doutro individuo; camiñar por encima doutros individuos; o aloacicalamento a outros individuos, que se distingue do autoacicalamento; e empurrar co fociño suavemente a outro preto do pescozo.
Escavación de toqueiras