A lingua sindhi (سنڌي, सिन्धी, 28px|link=|alt=Sindhi|baseline) é unha lingua indoaria da histórica rexión de Sind, falada polo pobo sindhi. É a lingua oficial da provincia de Sind, Paquistán. Na India, o sindhi é unha das linguas oficialmente recoñecidas polo goberno federal. Ten influencias da lingua baluchi e da lingua kutchi faladas nas provincias adxacentes de Baluchistán e Kachchh.

A maioría dos falantes de sindhi concéntranse en Paquistán, na provincia de Sind, e na India, na rexión Kachchh do estado de Gujarat e na rexión de Ulhasnagar do estado de Maharashtra. Os falantes da India compóñense por sindhis hindús que migraron dende Sind e se asentaron na India despois da independencia de Paquistán en 1947, e tamén pola diáspora sindhi en todo o mundo. A lingua sindhi tamén é falada por comunidades sindhi de Hong Kong, Omán, Indonesia, Singapur, os Emiratos Árabes Unidos, o Reino Unido e os Estados Unidos de América.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en sindhi Bibliografía Chopra, R. M., The Rise, Growth And Decline of Indo-Persian Literature, 2012, Iran Culture House, New Delhi, Chapter on"Persian in Sindh".

Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas da India Categoría:Linguas de Paquistán