Os arapáimidos (Arapaimidae) son unha familia de peixes de auga doce osteoglosiformes coñecidos por ter linguas óseas. Esta familia inclúe os xéneros Arapaima do Amazonas e o Heterotis de África.Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2013). "Arapaimidae" in FishBase. August 2013 version. As especies desta familia considérase ás veces que forman parte da familia Osteoglossidae.
Un estudo xenético mostrou que os Arapaimidae (Arapaima e Heterotis) diverxeron dos Osteoglossidae hai uns 220 millóns de anos, durante o Triásico tardío. Dentro dos osteoglósidos, a liñaxe que deu lugar ao Osteoglossum suramericano diverxeu hai uns 170 millóns de anos, durante o Xurásico medio. O xénero asiático e australiano Scleropages separouse hai uns 140 millóns de anos, durante o Cretáceo inicial.
Notas
Categoría:Osteoglossiformes