Deephan é un filme dramático francés do ano 2015 dirixido por Jacques Audiard. É recoñecido por gañar a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes nese mesmo ano, e polos nove nomeamentos que obtivo aos premios César, incluíndo mellor filme, mellor actor e mellor director.
Sinopse Un home foxe da guerra civil en Sri Lanka e, para conseguir que Francia lle conceda o dereito de asilo, fai pasar pola súa familia a unha muller e a unha nena que están tamén a fuxir do país. Unha vez en chan francés, atopa traballo como conserxe nun edificio situado nun barrio problemático da periferia. A pesar de que non falan francés, adáptase progresivamente ó seu novo país.
Personaxes miniatura|O equipo de Dheepan no festival de Cannes de 2015. Antonythasan Jesuthasan como Dheepan/Sivadhasan Kalieaswari Srinivasan como Yalini Claudine Vinasithamby como Illayaal Vincent Rottiers como Brahim Marc Zinga como Youssouf Faouzi Bensaïdi como Mr. Habib Bass Dhem como Azziz Franck Falise conserxe de Hallway C Joséphine de Meaux como directora Jean-Baptiste Pouilloux como xurista Nathan Anthonypillai como intérprete Vasanth Selvam como coronel Cheran
Acollida Recadación Dheepan estreouse nos cinemas de Francia o 28 de agosto de 2015. O filme recadou 3 882 022 dólares en Franci e 999 774 fóra de Francia, facendo un total de 4 881 796 dólares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua támil Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Jacques Audiard Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes rodados en Tamil Nadu Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados na India Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en París Categoría:Filmes ambientados en Sri Lanka Categoría:Filmes ambientados en 2009