Francisco Antonio Santiago Fernández, chamado Toneco, nado en Marín en 1941 e finado o 8 de xaneiro de 2017, foi un profesor e político galego.
Traxectoria Fillo de Raúl Santiago Taracido. Licenciado en Educación Física en Madrid e profesor, foi director do colexio Sequelo de Marín. No franquismo foi concelleiro de Marín polo tezo de cabezas de familia. Foi candidato da UCD nas primeiras eleccións democráticas. Logo pasouse ao CDS, encabezou a lista desta formación nas municipais de 1991 e foi elixido concelleiro. Unha moción de censura converteuno en alcalde en 1992. Posteriormente afiliouse ao PSOE, encabezou a candidatura municipais de 1999 e foi elixido alcalde.«El centro no está en la derecha, sino en el PSOE, en la socialdemocracia», La Voz de Galicia, 23-7-1999, p. 7. Volveu ser elixido alcalde polo PSOE logo das municipais de 2003.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Marín
Categoría:Alcaldes de Marín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes