A Espada de Goujian (chinés tradicional: 越王勾踐劍, chinés simplificado: 越王勾践剑) é un artefacto arqueolóxico do período das Primaveras e Outonos (-771 a -403) atopado en 1965 en Hubei, China. Forxada en cobre e estaño, pertencía ó Rei Goujian de Yue, e é famosa polo seu infrecuente afiado e pola súa resistencia á corrosión raramente vista en artefactos tan antigos. Este artefacto histórico da China antiga está en posesión do Museo Provincial de Hubei.
Véxase tamén
Outros artigos Lanza de Fuchai Ligazóns externas Espada de Goujian
Categoría:Cultura da China Categoría:Espadas