Æthelberht II (en ), nado en 725 e finado en 762, foi rei de Kent. Traxectoria Á morte do seu pai Wihtred, o reino foi gobernado polos seus tres fillos, Æthelberht II, Eadberht I e Alric. Æthelberht parece que sobreviviu a ambos os seus irmáns e que máis tarde reinou conxuntamente co seu sobriño Eardwulf.Bede's Ecclesiastical History; book 5, ch. 23. Morreu en 762, segundo a Crónica anglosaxoa (datado en 760 debido a unha dislocación cronolóxica). Parece que deixou un fillo, Eadberht II.
Emitiu un documento antes da súa ascensión ao trono, datado o 11 de xullo de 724, do que foi testemuña seu pai.Anglo-Saxons.net, "S1180" Cando chegou a rei emitiu varios documentos, confirmou un documento do seu irmán Eadberht I e actuou como testemuña nun documento do seu sobriño EardwulfAnglo-Saxons.net, "S23"Anglo-Saxons.net, "S24"Anglo-Saxons.net, "S25"Anglo-Saxons.net, "S27"Anglo-Saxons.net, "S30".
Durante a segunda metade do reinado de Æthelberht II, Kent estaba baixo o dominio de Mercia, pero Æthelberht II mantivo a súa posición como rei.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Aethelberht 5 en Prosopografía da Inglaterra anglosaxoa.
Categoría:Finados en 762 Categoría:Reis de Kent Categoría:Nados en 725