Jacobus Vide, nado cara a 1386 e finado despois de 1433, foi un compositor, organista e músico da escola de francoflamenga, partícipe da evolución do estilo musical durante o período de transición entre a música medieval e a do Renacemento. Foi un dos primeiros representantes da escola de Borgoña, durante os reinados de Xoán sen Medo e de Filipe o Bo.Jacques Vide. En Hoasm.org.

Traxectoria A mención máis antiga de Jacobus Vide vén dos arquivos da catedral de Notre-Dame de París, e dá conta de que en 1405 probablemente fose un neno do coro. En 1410 ocupou un posto de organista na antiga catedral de San Donaciano en Bruxas e, ao mesmo tempo, é probable que continuase a ser cantante e organista na capela do antipapa Xoán XXIII.

En 1423 aproxímase á corte dos duques de Borgoña ao se converter en cabaleiro de cámara de Filipe o Bo. En 1426 confióuselle ainstrución dos nenos do coro e dous anos despois, en 1428 , foi promovido ao cargo de secretario de Filipe o Bo.Fiala, David. "La cour de Bourgogne et l`histoire de la musique". En Werner Paravicini. La Cour de Bourgogne et lEurope (...). París, 2007. Páxina 13.

Non coñecemos documento ningún sobre a súa actividade profesional posterior a 1433.

Obra e estilo musical As oito obras súas que chegaron a nós son todas elas rondós, modalidade de canción francesa que estaba moi en voga na corte borgoñoa. O estilo é algo infrecuente, en comparación con outros música do mesmo período: a cadencia melódica e harmónica, cuxa función é a puntuación dun fragmento ou dunha frase musical, tiña un ritmo diferente, con disonancias frecuentes, ritmos cruzados, frases curtas e unha considerable variabilidade da melodía. En todas estas cadencias, unha das características de Jacobus Vide consiste en que a voz máis grave salta unha oitava para evitar as quintas paralelas.

Unha das súas cancións máis enigmáticas é o rondó a tres voces Las, j'ay perdu mon espincel, no que as voces superiores, superius e tenor, están totalmente escritas, pero a de contratenor se deixou en branco.

Obras coñecidas Amans doubles. Espoir m’est venu conforter. Et c’est asses.Escoite aquí unha gravación da composición. Il m’est si grief. Las! ja‘y perdu mon espincel. Puisque je n’ay plus de maystresse. Qui son cuer met a dame. Vit encore ce faux dangier.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Reese, Gustave. Music in the Renaissance. W. W. Norton & Co. Nova York, 1954.  [ISBN 0-393-09530-4]

Ligazóns externas Wright, Craig. Ed. Jacobus Vide. En Grove Music Online.

Categoría:Organistas Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Compositores franco-flamengos Categoría:Nados no século XIV Categoría:Finados no século XV