Adrien Basin, nado entre 1457 e 1476 e finado despois de 1498, foi un compositor, diplomático e cantante francoflamengo do Renacemento pertencente á escola de Borgoña. Xunto con Antoine Busnois e Hayne van Ghizeghem, é coñecido como cantante de cámara de Carlos o Temerario, duque de Borgoña.A chronology of music from prehistory to the present day . En Music-timeline.net.

Traxectoria Pouco se coñece sobre os primeiros anos da súa vida, e aparece por primeira vez nos rexistros como cantante de Isabel de Borbón, que era a muller de Carlos o Temerario. A partir de aí, semella que chegou a formar parte da capela persoal do duque Carlos.

Ao contrario de moitos dos músicos da corte borgoñoa, que viaxaron xunto co duque nas súas campañas militares, Basin parece que permaneceu en Bruxas a maior parte do tempo. Tras a morte de Carlos na Batalla de Nancy en 1477, Basin foi nomeado diplomático, segundo unha fonte de 1480. A referencia máis recente da súa vida data de 1498, cando se documenta que se converteu en herdeiro do seu irmán Pierre.

Obra Todas as obras de Basin que chegaron a nós soncancións de música profana. Unha destas cancións chegou a ser moi popular, Nos amys vous vous abusés, que foi usada máis tarde por varios compositores como fonte para as súas misas, e da que se atoparon moitas copias en coleccións de países tan arredados como Polonia e Portugal. Antes da chegada de música impresa a principios do século XVI, esta distribución era rara e complexa, o que dá conta da popularidade da peza. Esta canción está incluída no cancioneiro Mellon e é a única que se lle atribúe con certeza a Adrien: as restantes atribuíronselle a el, aínda que tamén puideran ter sido escritas polo seu irmán."Adrien Basin". En The new Grove Dictionary of Music and Musicians. Ver Bibliografía.

As datas destas composicións non se coñecen, pero é probable que fosen escritas durante o período en que Basin era cantante na corte de Carlos.

Obras atribuídas

Nos amys vous vous abusés. Rondó a tres voces. Ma dame faytes moy savoir. Vien'avante morte.

Notas

Véxase tamén Bibliografía David Fallows. "Adrien Basin". En The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Macmillan Publishers Ltd. Londres, 1980. [ISBN 1-56159-174-2] Fenlon, Iain. Studies in Medieval and Early Modern Music. Early Music History 7. Cambridge University Press. Cambridge, 1987. [ISBN 978-0-521-74654-0]

Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Compositores franco-flamengos Categoría:Nados no século XV Categoría:Finados no século XV