Josephine Garis Cochrane, nada o 8 de marzo de 1839 no condado de Ashtabula (Ohio) e finada o 14 de agosto de 1913 en Chicago, foi a inventora da primeira lavalouza automática con éxito comercial, que construíu xunto co mecánico George Butters.

Traxectoria Primeiros anos Era filla de John Garis, un enxeñeiro civil, e Irene Fitch Garis. Tiña unha irmá, Irene Garis Ransom. O seu avó materno John Fitch tamén foi inventor e tiña a patente do barco de vapor. Cochrane medrou en Valparaiso, Indiana, onde asistiu a unha escola privada até que esta foi calcinada polo lume.

Matrimonio e fillos Despois de mudarse coa súa irmá á vila de Shelbyville en Illinois, casou con William Cochran o 13 de outubro de 1858, quen retornara tras probar sorte sen éxito na Febre do ouro de California.Forgotten Newsmakers: JOSEPHINE COCHRANE (1839-1913) Invented the Dishwasher Tiveron dous fillos, Hallie e Katharine Cochran. Co tempo el fíxose un próspero home de negocios e político do Partido Demócrata dos Estados Unidos.

En 1870 trasladáronse a unha mansión e comezaron a organizar ceas e festas nas que dicían empregar un servizo de pratos chineses datados do 1600. Despois dun evento no que os criados trataron sen coidado os pratos facéndolles unha fenda, Cochrane comezou a buscar unha alternativa máis segura para lavalos. Ela quixo sempre aliviarlles ás amas de casa a tarefa de lavar a louza despois das comidas.

O seu home morreu en 1883 cando tiña 45 anos, deixándoa con numerosas débedas. Isto motivouna para desenvolver a lavalouza. Conservou o apelido de William, pero engadiu un "e" ao final trala súa morte.

As súas amigas estaban tan impresionadas coa súa invención que fixo lavalouza tamén para elas baixo o nome de "Cochrane Dishwashers". Máis tarde fundou a empresa de manufactura Garis-Cochran.

Morte e recoñecemento Josephine morreu dun ictus en Chicago o 14 de agosto de 1913, e foi soterrada no cemiterio Glenwood en Shelbyville, Illinois. En 2006 foi incluída no National Inventors Hall of Fame.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Categoría:Nados en 1839 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Finados en 1913 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América