Os tisanópteros (Thysanoptera), xeralmente chamados trips, son unha orde de insectos diminutos e delgados con ás con flocos. Desa característica das ás procede o seu nome científico, derivado do grego θύσανος thysanos 'floco' + πτερόν pteron 'á'.Tipping, C. (2008). Thrips (Thysanoptera). Pages 3769–3771 in Encyclopedia of Entomology, John L. Capinera, ed. Springer, New York Aliméntanse dunha gran variedade de plantas e animais pinchándoos e zugando o seu contido. Moitas especies de trips considéranse pragas agrícolas, xa que se alimentan de plantas con valor comercial. Algunhas especies de trips aliméntanse doutros insectos ou ácaros e considéranse beneficiosas, mentes que algunhas se alimentan de esporas de fungos ou de pole. Foron descritas aproximadamente 6.000 especies. Xeralmente son diminutos (de 1 mm de longo ou menos) e poden voar a grandes distancias axudados polo vento. Nas condicións máis axeitadas, como as dos invernadoiros, moitas especies poden incrementar exponencialmente a súa poboación e formar grandes enxames debido á falta de depredadores naturais, o que os fai unha molestia para os humanos.
Morfoloxía e clasificación miniatura|Diagrama dun tisanóptero.|250px miniatura|As ás con flocos dos tisanópteros son moi características. miniatura|dereita|Thrips tabaci e Frankliniella occidentalis coa ás pregadas.
Características
Son pequenos insectos hemimetábolos cun plan corporal distintivo con forma de xaruto coas constricións transversais típicas dos insectos. O seu tamaño vai de 0,5 a 14 mm de lonxitude para os trips predadores máis grandes, pero a maioría dos trips son de 1 mm de longo. Os trips que poden voar teñen dous pares de ás similares con flocos de peliños nas marxes. As súas patas xeralmente acaban en dous segmentos tarsais cunha estrutura semellante a unha vesícula chamada arolio (arolium) no pretarso. Esta estrutura é reversible por medio da presión da hemolinfa, o que permite ao insecto camiñar por superficies verticais.Gillott, Cedric (2005). Entomology. Springer. p. 234. ISBN 0-306-44967-6.Heming, BS (1971). Functional morphology of the thysanopteran pretarsus. Canadian Journal of Zoology. 49: 91–108.
Teñen pezas bucais asimétricas, que son tamén exclusivas deste grupo. A diferenza dos Hemiptera, a mandíbula dereita dos trips está reducida e é vestixial e nalgunhas especies está completamente ausente. A mandíbula esquerda é maior e forma un estreito estilete usado para perforar as células dos tecidos dos que se alimenta.Childers, C. C., and D. S. Achor. 1989. Structure of the mouthparts of Frankliniella bispinosa (Morgan) (Thysanoptera: Thripidae). In B. L. Parker, M. Skinner and T. Lewis [eds.], Towards Understanding Thysanoptera. Proceedings of the International Conference on Thrips. USDA Technical Report NE-147, Radnor, PA. Algunhas especies poden despois inxectar encimas dixestivas a medida que os estiletes maxilares e a hipofarinxe son inseridos no burato para drenar os fluídos celulares.W. B. Hunter & D. E. Ullman (1989). "Analysis of mouthpart movements during feeding of Frankliniella occidentalis (Pergande) and F. schultzei Trybom (Thysanoptera: Thripidae)". International Journal of Insect Morphology and Embryology 18: 161–171. .W. B. Hunter, D. E. Ullman & A. Moore (1994). "Electronic monitoring: characterizing the feeding behavior of western flower thrips (Thysanoptera: Thripidae)". in M. M. Ellsbury, E. A. Backus & D. L. Ullman. History, Development, and Application of AC Electronic Insect Feeding Monitors. Thomas Say Publications in Entomology. pp. 73–85. Este proceso deixa unha distintiva cicatriz prateada ou broncínea sobre a superficie dos talos e follas nas que se alimenta o trip.Heming, B. S. 1993. Structure, function, ontogeny, and evolution of feeding in thrips (Thysanoptera). In C. W. Shaefer and R. A. B. Leschen [eds.], Functional Morphology of Insect Feeding. Entomological Society of America, Lanham, Maryland.
Os tisanópteros divídense en dúas subordes: Terebrantia e Tubulifera. Estes poden distinguirse por características morfolóxicas, comportamentais e de desenvolvemento. Os Tubulifera poden identificarse polo seu característico segmento abdominal apical con forma de tubo, a posta de ovos sobre a superficie das follas e os seus tres estadios "pupais". As femias das oito familias dos Terebrantia posúen un ovipositor con forma de serra no segmento abdominal anteapical, poñen os ovos dentro dos tecidos das plantas e teñen dous estadios "pupais".
Evolución e sistemática
Os Thysanoptera foron descritos en 1744 como o xénero Physapus por De Geer e despois renomeados como Thrips por Linneo en 1758. En 1836 Haliday promoveu o xénero á categoría taxonómica de orde, cambiándolle o nome a Thysanoptera. Actualmente recoñécense unhas 6.000 especies de trips, agrupadas en 777 xéneros existentes e 60 xéneros fósiles.http://thrips.info/wiki/Main_Page Thrips Wiki, consultado o 21 de maio de 2015
Os fósiles relacionados cos trips máis antigos remóntanse ao Permiano (Permothrips longipennis Martynov, 1935). No Cretáceo inicial, os verdadeiros trips fixéronse máis abundantes. A familia existente Merothripidae lembra máis a estes tisanópteros ancestrais, e son probablemente basais á orde.Mound, L. A. 1997. Biological diversity., pp. 197–215. In T. Lewis [ed.], Thrips As Crop Pests. CAB International, Wallingford, UK.
As seguintes familias son as recoñecidas actualmente (en 2013):Buckman RS, Mound LA & Whiting MF (2013) Phylogeny of thrips (Insecta: Thysanoptera) based on five molecular loci. Systematic Entomology 38: 123-133Mound LA 2011. Order Thysanoptera Haliday, 1836. Pp 201–202 In Zhang, Z.-Q. [Ed] Animal biodiversity: An outline of higher-level classification and survey of taxonomic richness. Zootaxa 3148, 1–237 Suborde Terebrantia Adiheterothripidae Shumsher, 1946 (11 xéneros) Aeolothripidae Uzel, 1895 (29 xéneros) Fauriellidae Priesner, 1949 (4 xéneros) †Hemithripidae Bagnall, 1923 (un xénero fósil, Hemithrips con 15 especies) Heterothripidae Bagnall, 1912 (sete xéneros) † Jezzinothripidae zur Strassen, 1973 (incluídos por algúns autores en Merothripidae) †Karataothripidae Sharov, 1972 (unha especie fósil, Karataothrips jurassicus) Melanthripidae Bagnall, 1913 (6 xéneros) Merothripidae Hood, 1914 (5 xéneros) † Scudderothripidae zur Strassen, 1973 (incluídos por algúns autores en Stenurothripidae) Thripidae Stevens, 1829 (292 xéneros en 4 subfamilias) † Triassothripidae Grimaldi & Shmakov, 2004 (dous xéneros fósiles) Uzelothripidae Hood, 1952 (unha especie, Uzelothrips scabrosus) Suborde Tubulifera Phlaeothripidae (447 xéneros en dúas subfamilias)
Bhatti elaborou unha clasificación alternativa baseada nas características morfolóxicas, que divide o grupo en dúas subordes e 40 familias.Bhatti JS (1994) Phylogenetic relationships among Thysanoptera (Insecta) with particular reference to the families of the Order Tubulifera. Zoology (Journal of Pure and Applied Zoology) 4 (1993): 93-130Bhatti JS (1998) New structural features in the Order Tubulifera (Insecta). 1. Amalgamation of labro-maxillary complex with cranium and other cephalic structures. Zoology (Journal of Pure and Applied Zoology) 5: 147-176Bhatti JS (2006) The classification of Terebrantia (Insecta) into families. Oriental Insects 40: 339-375 Esta clasificación foi menos aceptada polos taxonomistas, xa que pode estar influída por unha evolución converxente e non segue os principios filoxenéticos de clasificación.
Ecoloxía miniatura|330px|Micrografía eñectrónica de varrido dun trip (Thysanoptera), mostrando a ultraestrutura, os ollos compostos, construción das ás e setas. A barra de escala representa 10 μm. miniatura|Parte anterior dun trip. miniatura|Parte anterior e lateral dun trip.
Historia natural
Os trips crese que descenden dun antepasado micetófilo (comedor de fungos) que viviu no Mesozoico,D.Grimaldi,A.Shmakov, N.Fraser, Mesozoic Thrips and Early Evolution of the Order Thysanoptera (Insecta).Journal of Paleontology, Sept. 2004 e moitos grupos aínda se alimentan de fungos e involuntariamente distribúen as esporas fúnxicas, pero a maioría das investigacións sobre eles centráronse nas especies que se alimentan de ou en asociación con plantas agrícolas economicamente significativas. Algúns trips son predadores, pero a maioría son fitófagos que se alimentan de pole e dos cloroplastos que obteñen da capa externa epidérmica da planta e de células do mesofilo das follas.Kirk, W. D. J. 1995. Feeding behavior and nutritional requirements, pp. 21 – 29. In B. L. Parker, M. Skinner and T. Lewis [eds.], Thrips Biology and Management. Plenum Press, New York, NY. Estas especies son organismos diminutos que prefiren alimentarse dos gromos moi empaquetados en crecemento. Aliméntanse xeralmente ao longo do nervio principal ou dos secundarios das follas e pétalos.Lewis, T. 1973. Thrips. Their biology, ecology and economic importance. Academic Press, Londres, Reino Unido.Lewis, T. 1997. Thrips as crop pests. CAB International, Oxon, GB.
Os trips que se alimentan de follas poden ser responsables da polinización da planta mentres se alimentan,Darwin, C. (1892) The effects of cross and self fertilization in the vegetable kingdom. D. Appleton & Company, New York.Williams G, Adams P & Mound LA (2001) Thrips (Thysanoptera) pollination in Australian subtropical rainforests, with particular reference to pollination of Wilkiea huegeliana. (Monimiaceae). Journal of Natural History 35: 1-21Saxena, P., M. R. Vijayaraghavan, R. K. Sarbhoy, and U. Raizada. 1996. Pollination and gene flow in chillies with Scirtothrips dorsalis as pollen vectors. Phytomorphology 46: 317 – 327. pero a súa contribución (negativa) máis obvia ao seu ecosistema é o dano que poden causar ao alimentarse. Este impacto pode variar pola amplitude da selección de especies das que se alimenta, xa que hai unha considerable amplitude en afinidade de hóspedes nesta orde, e mesmo entre especies, variando o grao de fidelidade que teñen por un hóspede determinado.Mound, L. A. 2005. Thysanoptera: diversity and interactions. Annual Review of Entomology 50: 247 – 269. A familia Thripidae é especialmente salientable pola grande amplitude de hóspedes dos seus membros; de feito, a maioría dos trips que causan pragas pertence a esta familia.Bailey, S. F. 1940. The distribution of injurious thrips in the United States. Journal of Economic Entomology 33: 133 – 136.