A illa do Oso (en noruegués Bjørnøya), é unha pequena illa habitada do arquipélago noruegués das illas Svalbard, no mar de Barents.Só outras tres das illas das Svalbard (Spitsbergen, Bjørnøya e Hopen) teñen asentamentos. Svalbard: General , Instituto Polar Noruegués. Última actualización 27 de maio de 2004. (URL accedido o 14 de xaneiro de 2017). Administrativamente pertence a Svalbard, un territorio dependente de Noruega.

Foi descuberta por Willem Barents e Jacob van Heemskerk o 10 de xuño de 1596. Debe o seu nome a un oso polar que foi visto nadando cerca. A illa era considerada terra nullius até que o tratado de Svalbard de 1920 púxoa baixo soberanía norueguesa.

A pesar da súa remota situación e a súa natureza estéril, a illa foi testemuña de actividades comerciais durante séculos, tales como minaría de carbón, pesca e caza de baleas. Porén, os asentamentos non duraron máis que uns poucos anos, e hoxe está habitada unicamente polo persoal que traballa na estación meteorolóxica Herwighamna, 9 persoas.

No 2002, e xunto ás súas augas adxacentes, foi declarada reserva natural.

Xeografía

A illa localízase na parte occidental do mar de Barents, aproximadamente a medio camiño entre a illa de Spitsbergen e o cabo Norte.

Ten unha superficie de 178 km².

O seu punto máis alto está a 536 m sobre o nivel do mar, no Miseryfjellet, ao leste da illa.

Na actualidade está habitada tan sói por 9 persoas (censo de 2008).

Historia

260px|miniatura|esquerda|Mapa topográfico da illa. Aínda que pode ser que os navegantes da época viquinga a coñeceran, non foi descuberta oficialmente até o 10 de xuño de 1596 por Willem Barents, na súa terceira expedición.

Barnts chamou a esta illa Vogel Eylandt, "illa dos paxaros" en galego.

Steven Bennet realizou unha exploración máis detallada en 1603 e 1604 e constatou daquela a súa rica poboación de morsas.

A partir de principios do século XVII, a illa utilizuose principalmente como unha base para a caza de morsas e especies de focas.

Por outra parte, ovos das aves mariñas recolectáronse das grandes colonias de reprodución destas aves até 1971.

Durante a segunda guerra mundial producíronse importantes batallas navais cerca da illa: O 31 de decembro de 1942, o HMS Sheffield afundiu ao destrutor alemán Friedrich Eckoldt na chamada batalla do mar de Barents. O 26 de decembro de 1943 afundiu en combate o cruceiro pesado alemán Scharnhorst.

Notas

Categoría:Illas de Noruega